Gas Natural Fenosa e o Instituto da Comunicación (InCom-UAB) asinan o acordo para a 8a edición do Informe da Comunicación en Cataluña

Data
25-06-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética patrocina este informe, clave dentro do panorama comunicativo catalán dende a súa creación no ano 2000.

O director xeral de Comunicación e Gabinete de Presidencia de GAS NATURAL FENOSA, Jordi Garcia Tabernero, e o reitor da Universidade Autónoma de Barcelona, Ferran Sancho, asinaron o acordo polo que a multinacional se mantén como único patrocinador do 'Informe da comunicación en Cataluña' por oitava edición consecutiva.

O 'Informe da comunicación en Cataluña' é un proxecto pioneiro do Instituto da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona (InCom-UAB), que recibe o patrocinio da compañía, dende a súa creación no ano 2000, e o apoio da Generalitat de Cataluña.

Esta publicación ofrece, de forma regular, unha descrición actualizada e unha análise interpretativa e plural da evolución dos diferentes campos que configuran o sector da comunicación en Cataluña. Nos seus catorce anos de existencia ―publícase cada dous anos― conseguiu converterse nunha obra de referencia para investigadores, profesionais e responsables das políticas públicas do noso país.

Instituto da Comunicación (InCom-UAB)

O Instituto da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona (InCom-UAB), fundado no ano 1997, é un centro de investigación especializado na investigación, difusión e a transferencia de coñecementos en comunicación. Os seus obxectivos principais son a investigación básica e aplicada, a formación especializada, a difusión, a prestación de servizos avanzados en comunicación e a transferencia de coñecementos.

O 'Informe da comunicación en Cataluña 2013-2014' é a oitava edición desta obra colectiva e contará cun equipo editor formado por Marta Civil Serra, Joan M. Corbella Cordomí, Carme Ferré Pavia e Joan Sabaté Salazar, un consello académico integrado por Miquel de Moragas Spà, Joan Manuel Tresserras e José Luis Terrón, así como a colaboración dunha vintena de autores e autoras, procedentes de diferentes universidades e institucións, públicas e privadas.

O compromiso de GAS NATURAL FENOSA co territorio

GAS NATURAL FENOSA mantén un forte compromiso coa sociedade e os territorios nos que desenvolve a súa actividade, que vai alén do servizo enerxético que dá aos cidadáns. A través dos patrocinios, busca participar naqueles proxectos que máis valor engadido acheguen á cidadanía, con liñas de acción no ámbito social, cultural e ambiental.


Barcelona, 25 de xuño de 2014.