O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa inaugura a exposición "A beleza da máquina". Fotografía industrial de Ramon de Baños

Data
30-06-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O conselleiro de Cultura da Generalitat de Cataluña, Ferran Mascarell, o alcalde de Sabadell, Joan Carles Sánchez, e o director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà, inauguraron hoxe a mostra nun acto que tivo lugar en Sabadell.

  • A exposición recolle unha selección inédita de imaxes de xénero industrial que permiten redescubrir como fotógrafo Ramon de Baños, pioneiro do cine español, e é froito dun extenso traballo de investigación levado a cabo no Arquivo Histórico da Fundación Gas Natural Fenosa.

O conseller de Cultura da Generalitat de Cataluña, Ferran Mascarell, o alcalde de Sabadell, Joan Carles Sánchez, e o director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà, inauguraron hoxe a exposición A beleza da máquina.Fotografía industrial de Ramon de Baños (1890-1980), organizada polo Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa, nun acto que tivo lugar en Sabadell (Barcelona).

Esta mostra recolle unha selección inédita de fotografías de Ramon de Baños que permiten redescubrir este artista, coñecido ata agora como pioneiro do cine español, e é froito dun extenso traballo de investigación levado a cabo no Arquivo Histórico da Fundación Gas Natural Fenosa. Grazas á preservación deste fondo fotográfico por parte desta entidade, hoxe contamos cun material valioso que é testemuño gráfico para explicar a historia da ciencia e da técnica no noso país, e que hoxe constitúe un extraordinario documento gráfico dun mundo desaparecido.

O Museo do Gas, un museo corporativo líder da Fundación Gas Natural Fenosa

O Museo do Gas é un equipamento cultural da Fundación Gas Natural Fenosa e é exemplo da súa firme aposta pola cultura. Situado no edificio modernista 'A Enerxía' na praza do Gas de Sabadell (Barcelona), o Museo do Gas combina a organización de exposicións con conferencias, un programa educativo para escolas, actividades para pequenos e maiores, ciclos de cine e música e tamén coa edición de publicacións especializadas. O Museo do Gas preserva o Arquivo Histórico da Fundación Gas Natural Fenosa que, con máis de 3 000 metros de estantes catalogados, é considerado un dos arquivos de empresa máis significativos do país.

A Fundación Gas Natural Fenosa, fundada en 1992, orienta as súas actividades á sensibilización e educación ambiental e á promoción do uso responsable da enerxía, realiza cursos de formación e promove actividades culturais orientadas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector. As súas actividades internacionais desenvólvense en Alxeria, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, México, Marrocos, Italia e Moldavia.


Barcelona, 30 de xuño de 2014.

Ficheiros relacionados