O beneficio neto do primeiro semestre ascendeu a 932 millóns, un 19,5 % máis, debido a resultados extraordinarios e malia o impacto regulatorio en España

Data
24-07-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O Ebitda consolidado foi de 2 421 millóns de euros, un 3 % menos, froito dun ámbito macroeconómico, enerxético e regulatorio esixente e malia a significativa contención do gasto.

  • Sen ter en conta o impacto das medidas regulatorias do RDL 9/2013 (132 millóns de euros) e da depreciación de divisas internacionais (76 millóns de euros), o Ebitda xestionable crecería un 5,2 %, parcialmente compensado polo bo desempeño da actividade gasista, especialmente a internacional.
  • O beneficio neto do primeiro semestre alcanzou os 932 millóns debido, principalmente, ás plusvalías da venda de GNF Telecomunicaciones, o pasado mes de xuño. De axustar o resultado por este efecto, o beneficio neto caería un 2,7 % polos impactos regulatorios e a depreciación das moedas, fundamentalmente as latinoamericanas.
  • O RDL 8/2014, do 5 de xullo, inclúe unha serie de axustes á retribución das actividades reguladas de gas, entre elas ás actividades de transporte e distribución que, no caso de GAS NATURAL FENOSA, supoñen unha redución da retribución duns 45 millóns en 2014.
  • Malia os distintos impactos no resultado no semestre, a diversificación de actividades e a solidez financeira permiten a GAS NATURAL FENOSA manter os obxectivos marcados na actualización do seu Plan Estratéxico 2013-2015.
  • As medidas regulatorias adoptadas en España dende 2012 no sector eléctrico repercutirán no Ebitda anual en 600 millóns a partir deste exercicio. Ata o 30 de xuño, só o impacto do RDL 9/2013 no Ebitda foi de 132 millóns de euros.
  • GAS NATURAL FENOSA continúa avanzando no seu desapancamento e situou o seu nivel de endebedamento no 46,6 %, e a débeda financeira neta descendeu un 8,6 %, ata os 13 472 millóns.

GAS NATURAL FENOSA obtivo un beneficio neto de 932 millóns no primeiro semestre de 2014, un 19,5 % máis que no mesmo período do ano anterior. Este resultado inclúe as plusvalías da venda de GNF Telecomunicaciones a principios do pasado mes de xuño, de 252 millóns de euros.

De axustar os devanditos efectos, o beneficio neto diminuiría nun 2,7 % debido aos impactos do RDL 9/2013 e ao impacto da depreciación das moedas, principalmente latinoamericanas, na súa translación contable a euros. O perfil de negocio e a diversificación das actividades da compañía, a súa consolidada presenza internacional e unha política financeira estrita permítenlle compensar, en parte, os diferentes impactos macroeconómicos e regulatorios durante o período.

O Ebitda consolidado alcanzou os 2 421 millóns de euros, un 3 % menos respecto ao mesmo período do ano anterior, malia unha significativa contención do gasto. Sen ter en conta o impacto regulatorio e a depreciación de divisas internacionais, principalmente latinoamericanas, o Ebitda xestionable do primeiro semestre do exercicio sería de 2 629 millóns, un 5,2 % máis.

O impacto no Ebitda da depreciación das moedas na súa translación contable a euros foi 76 millóns de euros superior á do primeiro semestre do ano anterior. O real brasileiro e o peso colombiano foron as dúas divisas que maior impacto tiveron na depreciación.

Por outra banda, as medidas regulatorias do RDL 9/2013 ―en vigor dende o 14 de xullo de 2013 e que polo tanto non tivo impacto no primeiro semestre de 2013― si que restaron ao Ebitda da compañía 132 millóns de euros durante o primeiro semestre deste ano 2014.

Ademais, o RDL 8/2014, vixente dende o pasado 5 de xullo deste ano, inclúe axustes na retribución das actividades de distribución e transporte de gas que, no caso de GAS NATURAL FENOSA supoñen unha redución da retribución duns 45 millóns de euros en 2014. Este novo cambio regulatorio non terá un impacto significativo na actividade de expansión prevista para o negocio de distribución de gas en España.

Malia o ámbito macroeconómico e regulatorio, a compañía enerxética mantén a solidez e diversificación do seu modelo de negocio, apoiado na contribución crecente da súa presenza internacional, a súa fortaleza financeira e a busca de maiores eficiencias.

 Mantemento da política de dividendo

 Malia os impactos no resultado da compañía durante o primeiro semestre de 2014, GAS NATURAL FENOSA mantén os obxectivos marcados na actualización do seu Plan Estratéxico 2013-2015 cunhas metas realistas, adaptadas ao contexto macroeconómico, enerxético e, sobre todo, regulatorio.

A compañía continúa comprometida coa súa política de dividendo en efectivo e prevé manter o seu pay out no 62 %, porcentaxe compatible coa política de desapancamento e crecemento prevista.

A Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas, que tivo lugar o pasado mes de abril en Barcelona, aprobou unha remuneración en efectivo para o accionista por un importe total de 898 millóns, o que supón unha rendibilidade por dividendos superior ao 4,8 % (referenciada á cotización do 31 de decembro de 2013 que era de 18,695 euros por acción).

O dividendo bruto total foi de 0,897 euros por acción (0,393 euros como dividendo á conta, que foron aboados en efectivo o pasado 8 de xaneiro, e 0,504 euros por acción, como dividendo complementario, que se aboaron tamén en efectivo o pasado día 1 de xullo).

Destacada achega das actividades internacionais

As actividades internacionais de GAS NATURAL FENOSA representaron o 40,9 % do total do Ebitda consolidado, fronte ao 42,3 % no mesmo período do ano anterior.
Este descenso débese principalmente ao impacto da translación contable a euros das distintas divisas internacionais, especialmente as de América latina. O Ebitda das actividades en España descendeu tamén un 0,5 % e supón o 59,1 % do total do consolidado.

A peche do primeiro semestre, a débeda financeira neta foi de 13 472 millóns de euros, o que sitúa o nivel de endebedamento no 46,6 %, e supón un descenso do 8,6 % respecto á débeda financeira neta a 30 de xuño de 2013. De descontar o déficit de tarifa pendente de cobramento a peche do primeiro semestre (436 millóns), así como as retencións por desviacións transitorias de ingresos e gastos de 2014 (155 millóns) practicadas pola CNMC, a débeda neta situaríase en 12 881 millóns, equivalente a unha ratio de endebedamento do 45,5 %.

O 93,3 % da débeda financeira neta ten un vencemento igual ou posterior ao ano 2016 e a vida media da débeda situouse en 5 anos. A 30 de xuño, a compañía totalizou unha liquidez de 12 807 millóns de euros, o que supón unha cobertura de vencementos superior aos 24 meses.

Os investimentos materiais e intanxibles de GAS NATURAL FENOSA alcanzaron os 666 millóns de euros durante o período, cun incremento do 15,4 % respecto das do mesmo semestre de 2013. Este crecemento débese fundamentalmente á incorporación dun buque metaneiro en marzo deste ano en réxime de arrendamento financeiro (177 millóns). De axustar esta cifra, os investimentos materiais e intanxibles decrecerían nun 21,2 %.

Por ámbito xeográfico, os investimentos en España ―excluído o buque metaneiro― diminuíron un 13,9 %. O principal foco investidor da compañía situouse en América latina, co 28,7 % do total consolidado.

Distribución de gas en España

O Ebitda da actividade de distribución de gas en España alcanzou os 452 millóns de euros, en liña co resultado do mesmo período do ano anterior.

As vendas da actividade regulada de gas en España no seu conxunto descenderon en 14 573 GWh (-14,3 %) respecto ao mesmo semestre do ano anterior. O descenso vén provocado pola caída da demanda de gas suxeita a remuneración, debido a unha climatoloxía máis cálida nos últimos meses, así como pola caída da demanda nalgúns sectores industriais, como o da coxeración, afectados polas novas medidas regulatorias.

A 30 de xuño, a compañía tiña 5 198 000 puntos de subministración (+ 1,1 %) e a rede de distribución alcanzou os 48 258 quilómetros, un 2,4 % máis que a peche do primeiro semestre do ano anterior. A compañía aumentou un 5,5 % os seus investimentos no ámbito da actividade de distribución regulada de gas en España.

Distribución de gas en Italia

O Ebitda da actividade de distribución de gas en Italia foi de 46 millóns de euros, un 9,8 % menos que no mesmo período do ano anterior. A redución débese, por unha banda, aos novos modelos regulatorios de retribución 2014-2019, que minoran a remuneración da distribución e provocan unha menor marxe de comercialización en períodos de maior consumo. Por outra banda, a redución das vendas no mercado doméstico (2 192 GWh no primeiro semestre) afectadas polas altas temperaturas, tamén influíron negativamente no resultado.

GAS NATURAL FENOSA alcanzou os 456 000 puntos de subministración en Italia, un 1,1 % máis que a 30 de xuño de 2014, mentres que a rede de distribución alcanzou os 7 005 quilómetros, o 1,5 % máis.

Distribución de electricidade en España

O Ebitda da actividade de distribución de electricidade, de 287 millóns de euros, reduciuse un 3 % respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que o importe neto da cifra de negocio descendeu un 2,2 %. A caída no resultado responde ao impacto negativo da nova regulación en España. Por unha banda, o RDL 13/2012, que estableceu unha redución dos ingresos regulados asociados á actividade de distribución e xestión comercial do acceso e, por outra, ao RDL 9/2013, que afecta á actividade de distribución de electricidade.

A 30 de xuño, as vendas da actividade de electricidade foron de 16 038 GWh, un 2 % menos que no mesmo período de 2013. A peche do primeiro semestre, a compañía contaba con 3 670 000 puntos de subministración, cifra semellante á do mesmo período do ano anterior.

O Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada (TIEPI) alcanzou valores superiores aos do mesmo período de 2013, debido principalmente a unha peor climatoloxía aínda que acorde á media rexistrada nos últimos anos.

Distribución de electricidade en Moldavia

O Ebitda da actividade de distribución de electricidade en Moldavia alcanzou os 18 millóns de euros no primeiro semestre do ano, o que supón un descenso do 10 %. A diminución do Ebitda débese principalmente á depreciación da moeda local fronte ao euro. Sen considerar o efecto do tipo de cambio, o crecemento do Ebitda sería do 6,8 % pola mellora nos indicadores de perdas, melloras de eficiencia e contención de gastos.

As vendas da actividade de electricidade ascenderon a 1 305 GWh (+ 2,1 %) e os puntos de subministración pecharon o semestre en 852 000 (+ 1,3 %).

Gas: Infraestruturas

O Ebitda da actividade de infraestruturas, que inclúe a operación do gasoduto Magreb-Europa, a xestión do transporte marítimo, o desenvolvemento dos proxectos integrados de gas natural licuado (GNL) e a exploración, desenvolvemento, produción e almacenamento de hidrocarburos, elevouse no primeiro semestre do ano a 140 millóns de euros, un 3,7 % máis, debido principalmente ao incremento da tarifa de transporte internacional do gasoduto Magreb-Europa en 2013 e á optimización loxística da frota.

A 30 de xuño, a actividade de transporte de gas desenvolvida en Marrocos a través das sociedades EMPL e Metragaz, sumou un volume total de 61 547 GWh, un 5,8 % menos que no primeiro semestre de 2013, por un menor volume de gas vehiculado durante o ano a España para cubrir a demanda do mercado. Desta cifra, 43 866 GWh (-6 %) foron transportados para GAS NATURAL FENOSA a través da sociedade Sagane e 17 682 GWh (-5,1 %) para Portugal e Marrocos.

Gas: Aprovisionamento e comercialización

O Ebitda da actividade mundial de aprovisionamento e comercialización de gas ascendeu a 30 de xuño a 482 millóns de euros, un 8,3 % máis que no mesmo período de 2013, debido fundamentalmente ao incremento das vendas no mercado exterior.

A peche do primeiro semestre, o gas comercializado no mercado español alcanzou os 100 021 GWh, cun descenso do 10,3 %, por unha menor comercialización a clientes finais de GAS NATURAL FENOSA, provocado por un menor consumo dos ciclos combinados e por un menor aprovisionamento a terceiros (-14,2 %).

Gas Natural Europe, filial de comercialización en Europa, conta actualmente en Francia con 2 716 puntos de subministración, que equivale a unha carteira de 19,9 TWh anuais. A filial consolida a súa posición en Bélxica e Luxemburgo con 462 puntos de subministración, que representa unha carteira contratada de 6,3 TWh anuais. En Holanda afiánzase a posición con 284 puntos de subministración (5,1 TWh de carteira) e en Alemaña xa hai 145 puntos de subministración e 1,4 TWh de carteira.

En Italia, Gas Natural Vendita conseguiu unha carteira contratada no mercado almacenista de 6,4 TWh/ano a peche do primeiro semestre deste ano.

No mercado portugués, GAS NATURAL FENOSA continuou a súa consolidación como primeiro operador estranxeiro en comercialización de gas almacenista, cunha carteira de contratos industriais de 6,5 TWh/ano. A compañía pechou o semestre cunha cota de mercado do 17 % que, segundo o Ente Regulador portugués (ERSE), a converte no segundo operador do país. No mercado industrial, onde centra as súas actividades, a cota estimada a peche do trimestre foi superior ao 20 %, polo que consolida o seu liderado na Península Ibérica de cara á creación dun mercado único ibérico (MIBGAS).

Novos contratos

No mercado exterior, destaca o incremento da diversificación de mercados, con vendas de gas en América (Caribe e Sur) e Asia (Xapón, India e Corea do Sur). A compañía consolida a súa presenza nos principais mercados internacionais de GNL cunha posición a medio prazo en países en crecemento ou líderes no mercado do gas natural licuado.

Nesta liña, GAS NATURAL FENOSA asinou un contrato a longo prazo de venda de gas natural licuado (GNL) a Chile, polo que amplía a súa presenza na cunca do Pacífico. Por outra banda, a compañía enerxética asinou con Cheniere un novo contrato de aprovisionamento de GNL, a través do cal a sociedade norteamericana subministrará a GAS NATURAL FENOSA 2 bcm anuais con liberdade de destino, procedentes da súa planta de licuefacción de Corpus Christi.

No mercado retallista, a compañía alcanzou en España 11,3 millóns de contratos activos de gas, electricidade e servizos a 30 de xuño. Durante o primeiro semestre, activou 783 000 novos contratos no mercado residencial. O pasado 1 de abril entrou en vigor o novo modelo de tarificación para os clientes de electricidade acollidos ao Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC). GAS NATURAL FENOSA, a través da súa comercializadora de referencia, GNSur, conta con 2,6 millóns de clientes acollidos a esta tarifa.

A carteira de servizos superou a 30 de xuño os 2,4 millóns de contratos activos. Este desempeño fixo crecer a carteira de contratos no segmento retallista nun 6 % en termos homoxéneos respecto ao mesmo período do ano anterior.

A compañía enerxética continúa co desenvolvemento de infraestruturas de carga pública para vehículos de gas natural comprimido e gas natural licuado. GAS NATURAL FENOSA conta con 37 estacións de carga para gas natural vehicular e sitúase á cabeza de Europa como propietario de estacións de carga de gas natural líquido.

Electricidade España

O Ebitda da actividade de electricidade en España (xeración, comercialización almacenista e retallista, e subministración de electricidade a tarifa de último recurso) foi de 372 millóns de euros, un 11,8 % menos que no primeiro semestre de 2013. Este descenso veu motivado pola evolución dos prezos dos mercados de combustible, o menor prezo eléctrico do mercado almacenista ―resultado dun cambio no mix de produción― e as medidas fiscais e regulatorias (RDL 15/2012 e RDL 9/2013) que afectaron á xeración eléctrica.

O prezo medio ponderado do mercado diario no período abril-xuño deste ano foi de 41,07 €/MWh, sensiblemente superior aos 31,78 €/MWh do mesmo trimestre de 2013, e un 65 % superior aos 24,88 €/MWh do trimestre anterior.

A produción de enerxía eléctrica foi de 13.716 GWh, un 4,4 % menos que no mesmo período do ano anterior. Desa cifra, 12 509 GWh corresponden a xeración en Réxime Ordinario (-4,6 %), mentres que a xeración en Réxime Especial sumou 1 207 GWh (-2,9 %).

A cota acumulada de GAS NATURAL FENOSA en xeración de electricidade situouse no 17 % no primeiro semestre do ano, inferior ao 18,6 % do mesmo período do ano 2013.

No segundo trimestre, a produción hidráulica foi de 779 GWh, inferior aos 1 295 GWh do mesmo período do ano anterior, consecuencia das abundantes chuvias, especialmente en xuño. Pola súa banda, a produción nuclear no segundo trimestre aumentou un 5 %, ata os 923 GWh.

A produción dos ciclos combinados durante o segundo trimestre de 2014 ascendeu a 3 123 GWh, un 10,7 % superior ao mesmo período de 2013. No semestre, a produción con esta tecnoloxía foi de 5 940 GWh, un 9,6 % inferior á de 2013, cunha cota sobre o conxunto nacional próxima ao 70 %.

A produción térmica con carbón alcanzou no trimestre os 1 225 GWh, o dobre en comparación co segundo trimestre do ano anterior. A aplicación do Real decreto de Garantía de subministración supuxo entre abril e xuño deste ano unha produción con carbón nacional de 569 GWh para GAS NATURAL FENOSA.

As vendas de electricidade, que inclúen a comercialización no mercado liberalizado e de último recurso, alcanzaron o 30 de xuño os 16 884 GWh, un 1,7 % máis. As cifras da carteira de comercialización eléctrica son acordes ao posicionamento de maximización de marxes, á optimización de cota e ao grao de cobertura que GAS NATURAL FENOSA desexa ter fronte ás variacións de prezo do mercado eléctrico.

Gas Natural Fenosa Renovables

Gas Natural Fenosa Renovables pechou o primeiro semestre cunha potencia total instalada en operación de 902 MW, dos cales 738 MW corresponden a tecnoloxía eólica, 107 MW a minihidráulica e 57 MW a coxeración.

A produción foi un 2,9 % inferior á de 2013 (1 207 GWh versus 1 243 GWh). A diminución débese principalmente á menor produción da tecnoloxía de coxeración (-63,4 %). Na tecnoloxía eólica, produciuse un incremento do 3 %, mentres que na produción con tecnoloxía minihidráulica a produción aumentou un 22,7 %, debido á entrada en funcionamento das centrais de Belesar I e Belesar II.

Distribución de gas en América latina

Durante o semestre do ano, o Ebitda da distribución de gas en América latina alcanzou os 299 millóns de euros, cun descenso do 15,8 % respecto ao mesmo período do ano anterior, debido ao efecto negativo no tipo de cambio como consecuencia da depreciación das moedas locais, especialmente en Brasil (-9,2 %) e Colombia (-7,3 %).

Por países, destacou o Ebitda rexistrado en Brasil, de 147 millóns de euros, que xunto co de Colombia, de 84 millóns de euros, representan máis do 77 % do total. O importe neto da cifra de negocio de distribución de gas en América latina ascendeu a 1 600 millóns de euros, cunha contribución destacada de Colombia, que aumentou un 30,1 % as súas vendas durante o período, grazas especialmente ao crecemento do mercado industrial.

A peche do semestre, as vendas da actividade de gas en América latina, que agrupa as vendas de gas e os servizos de acceso de terceiros á rede (ATR), ascenderon a 121 887 GWh, un 4,8 % máis, que as do mesmo período de 2013.

A rede de distribución en América latina incrementouse ata o 30 de xuño un 2,2 % e superou os 69 761 quilómetros. A este crecemento contribuíu a expansión da rede en México, con 685 quilómetros novos durante o primeiro semestre.

GAS NATURAL FENOSA superou os 6,4 millóns de puntos de subministración a 30 de xuño, o que representou un incremento de 251 000 novos puntos. Cómpre salientar o incremento en Colombia, onde se produciu un aumento de 117.000 puntos. Tamén foi relevante o crecemento do incremento neto de clientes residenciais e comerciais en México no trimestre, dun 48,1 %, por un maior número de postas en servizo que o ano anterior.

Distribución de electricidade en América latina

O Ebitda da actividade de distribución de electricidade en América latina, que inclúe Colombia e Panamá, alcanzou os 151 millóns de euros no primeiro semestre de 2014, un 8,5 % menos. De non considerar o efecto provocado polo tipo de cambio, así como o desinvestimento en Nicaragua executado en febreiro do ano pasado, o Ebitda aumentaría un 2,6 %.

O negocio de distribución de Colombia achegou 105 millóns de euros ao Ebitda, o que supón un incremento do 3,1 %, sen considerar o efecto do tipo de cambio. Adicionalmente, o Ebitda dos seis primeiros meses de 2014 inclúe o importe correspondente ás distribuidoras de Panamá por valor de 45 millóns de euros.

As vendas da actividade de distribución de electricidade en América latina durante o primeiro semestre foron de 8 372 GWh, un 2,6 % máis que no mesmo período do ano anterior. Sen considerar as operacións de Nicaragua neste período, as vendas experimentarían un incremento do 5,7 %, impulsado polo aumento da actividade, tanto en Colombia (+5,9 %) coma en Panamá (+4,9 %).

A peche de semestre, a evolución dos indicadores operativos básicos do negocio evidencia os bos resultados da xestión do negocio e o desenvolvemento conforme aos plans de redución de perdas e morosidade en ambos os dous países.

Electricidade América latina

O Ebitda do negocio de electricidade en América latina, achegado polos activos de xeración en México, Costa Rica, Panamá e República Dominicana, ascendeu 96 millóns de euros a 30 de xuño, un 4 % menos. En caso de non considerar o efecto provocado polo tipo de cambio, o Ebitda aumentaría un 0,3 %.

A enerxía producida en América latina foi de 8 589 GWh, un 2,9 % menos que no mesmo período do ano anterior.

Barcelona, 24 de xullo de 2014.

Conta de resultados consolidada

(€ millóns) 1S14 1S13(*)
Importe neto da cifra de negocios 12 154 12 531
Outros ingresos de explotación 102 101
Aprovisionamentos -8 522> -8 744
Gastos de persoal -422 -436
Outros gastos de explotación -891 -955
Ebitda 2 421 2 497
Outros resultados 253 8
Amortizacións e perdas por deterioración -796 -807
Dotación a provisións -116 -114
RESULTADO DE EXPLOTACIÓN 1 762 1 584
Resultado financeiro -398 -386
Resultado alienación instrumentos financeiros - -
Resultado de entidades método participación -12 -35
RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS 1 352 1 163
Imposto sobre beneficios -331 -273
Xuros minoritarios -89 -110
RESULTADO ATRIBUÍBLE AO GRUPO 932 780

  (*) Reexpresado aplicando NIIF 11

Balance de situación consolidado

(€ millóns) 30/06/14 30/06/13(*)
Activo non corrente-   32 788 33 209
  Inmobilizado intanxible   7 830  8 079
  Inmobilizado material   20 049  20 671
  Investimentos método participación   2 348  2 515
  Activos financeiros non correntes   1 469  952
  Activos por imposto diferido   1 092  992
Activo corrente-   11 261 12 264 
  Existencias   857  842
  Debedores comerciais e outras contas a cobrar   4 527  4 670
  Outros activos financeiros correntes   349  1 112
  Efectivo e medios líquidos equivalentes   5 528  5 640
TOTAL ACTIVO   44 049 45 473 
(€ millóns) 30/06/14 30/06/13(*)
Patrimonio neto- 15 437 14 944
  Patrimonio neto atribuído á entidade dominante 13 927 13 423
  Xuros minoritarios 1 510 1 521
Pasivo non corrente- 19 605 23 756
  Ingresos diferidos 822 873
  Provisións non correntes 1 478 1 575
  Pasivos financeiros non correntes 14 484 18 578
  Pasivos por imposto diferido 1 967 1 998
  Outros pasivos non correntes 854 732
Pasivo corrente- 9 007 6 773
  Provisións correntes 93 80
  Pasivos financeiros correntes 4 524 1 825
  Acredores comerciais e outras contas a pagar 3 404 3 969
  Outros pasivos correntes 986 899
TOTAL PASIVO E PATRIMONIO NETO 44 049 45 473

(*) Reexpresado aplicando NIIF 11

 

Principais magnitudes físicas consolidadas

 

Actividade de distribución Europa

  1S14 1S13 %
Distribución gas:      
Vendas - ATR (GWh) 89.404 104.179 -14,2
Puntos de subministración, en miles (30/06) 5.654 5.594 1,1
Distribución electricidade:      
Vendas - ATR (GWh) 17.343 17.640 -1,7
Puntos de subministración, en miles (30/06) 4.522 4.513 0,2
TIEPI en España (minutos) 27 23 17,4

 

Actividade de gas

  1S14 1S13 %
Subministración de gas (GWh): 159.465 159.361 0,1
Comercialización España 100.021 111.527 -10,3
Comercialización retallista Italia 1.781 1.838 -3,1
Resto vendas de gas 57.663 45.996 25,4
Transporte de gas - EMPL (GWh) 61.547 65.303 -5,8

 

Actividade de electricidade

  1S14 1S13 %
Enerxía eléctrica producida (GWh): 13.988 14.619 -4,3
España: 13.716 14.349 -4,4
Xeración:      
Hidráulica 2.984 3.198 -6,7
Nuclear 2.088 1.999 4,5
Carbón 1.497 1.336 12,1
Ciclos combinados 5.940 6.573 -9,6
Renovable e coxeración 1.207 1.243 -2,9
Internacional (Kenya) 272 270 0,7
Capacidade de xeración eléctrica (MW): 12.235 12.145 0,7
España: 12.123 12.033 0,7
Xeración:      
Hidráulica 1.949 1.914 1,8
Nuclear 604 604 -
Carbón 2.065 2.048 0,8
Ciclos combinados 6.603 6.603 -
Renovable e coxeración 902 864 4,4
Internacional (Kenya) 112 112 -

 

Actividade en América latina

  1S14 1S13 %
Distribución, vendas - ATR (Gwh): 130.259 124.425 4,7
Gas 121.887 116.263 4,8
Electricidade 8.372 8.162 2,6
Puntos de subministración, en miles (30/06): 9.412 9.066 3,8
Gas 6.447 6.196 4,1
Electricidade 2.965 2.869 3,3
Capacidade de xeración eléctrica (MW): 2.317 2.317 -
México (CC) 2.035 2.035 -
Costa Rica (hidráulica) 51 51 -
Panamá (hidráulica) 22 22 -
Panamá (fuel) 11 11 -
República Dominicana (fuel) 198 198 -
Enerxía eléctrica producida (GWh): 8.589 8.841 -2,9
México (CC) 8.114 8.088 0,3
Costa Rica (hidráulica) 71 90 -21,1
Panamá (hidráulica) 27 26 3,8
Panamá (fuel) 24 9 -
República Dominicana (fuel) 353 628 -43,8