Gas Natural Fenosa pon en marcha un programa de voluntariado ambiental corporativo entre os seus empregados

Data
05-08-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética colaborará coa Fundación Global Nature na realización de accións de voluntariado ambiental corporativo co obxectivo de fomentar entre os seus empregados unha actitude positiva na conservación do medio natural e da biodiversidade.

O director de Compras, Prevención e Servizos Xerais de GAS NATURAL FENOSA, Antonio Lucas, e o director xerente da Fundación Global Nature, Eduardo de Miguel, asinaron un convenio de colaboración a través do cal a multinacional enerxética poñerá en marcha un programa de voluntariado ambiental corporativo para os seus empregados, no que se enmarcan diferentes actividades ao longo deste ano e do vindeiro, de conservación e educación ambiental en ámbitos naturais próximos aos centros de traballo de Madrid e Barcelona.

O obxectivo do programa é lograr que os participantes nas distintas iniciativas perciban a relación que teñen coa natureza e cos seus compañeiros dun xeito moi diferente á habitual, dándolles a oportunidade sobre o terreo de observar e mellorar o ámbito natural.

Na área de Madrid, os voluntarios participarán na restauración e conservación das contornas de lagoas que conforman a Reserva da Biosfera da Mancha Húmida. Con esta iniciativa amplíase o marco de colaboración da compañía no Proxecto LIFE "Brañas de La Mancha", coordinado pola Fundación Global Nature e a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha e que recibe o apoio da Comisión Europea e Acciónatura. O devandito proxecto ten como obxectivo recuperar as estepas salinas e os campos de esparto basto que aparecen en torno ás lagoas manchegas, hábitats prioritarios para a Unión Europea.

Na área de Barcelona, as actividades desenvolveranse no termo de Badalona, no Parque Natural de la Serralada de Marina, no val de Sant Jeroni de la Murtra, onde se desenvolverán diversas accións encamiñadas á mellora ambiental dos itinerarios, e se organizarán "vivencias de biodiversidade" -anelamento de aves e colocación de caixas niño ou comedeiros-, en colaboración con técnicos especializados.

Compromiso co medio e a contorna

GAS NATURAL FENOSA mantén un firme compromiso coa sociedade e dende hai anos foi desenvolvendo unha cultura empresarial de respecto e sensibilización polo medio e a mellora da contorna que é permanentemente trasladada aos seus empregados, clientes, subministradores e á sociedade en xeral.

Seguindo esta liña, a compañía incorpora o compromiso coa preservación da biodiversidade ao desenvolvemento de todos os seus negocios e actividades e definiu unha estratexia en sostibilidade ambiental que se fundamenta nestes tres obxectivos: minimización dos impactos sobre os ecosistemas, conservación do capital natural e mitigación do quentamento global.

A compañía acaba de publicar o Informe de Biodiversidade, que recolle as mellores prácticas en relación co estudo e conservación do medio natural, e de educación e sensibilización ambiental.

Fundación Global Nature

A Fundación Global Nature traballa dende hai máis de 20 anos na conservación de espazos e especies, así como na restauración de ecosistemas degradados, con especial dedicación ás zonas húmidas. Durante estes anos, a Fundación colaborou con entidades públicas e privadas co fin de desenvolver actividades encamiñadas a conservar a biodiversidade, tanto en España coma no marco de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Como fundación benéfico-docente, todos os proxectos da entidade teñen un compoñente de sensibilización ambiental, que se desenvolve a través de cursos, obradoiros ou voluntariados corporativos sobre o terreo.


Barcelona, 5 de agosto de 2014.

Ficheiros relacionados