Gas Natural Fenosa de novo líder mundial do sector das utilities de gas, segundo o Dow Jones Sustainability Index

Data
11-09-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética renova, por décimo ano consecutivo, a súa presenza no Dow Jones Sustainability Index (DJSI), índice que inclúe ás compañías que acreditan un correcto comportamento en sostibilidade e responsabilidade corporativa.

  • GAS NATURAL FENOSA sitúase, por terceiro ano consecutivo, como líder do sector de utilities de gas e forma parte, por noveno ano consecutivo, da variante europea deste índice, DJSI Europe.


GAS NATURAL FENOSA foi de novo avaliada como empresa líder mundial no sector de utilities de gas na edición de 2014 do Dow Jones Sustainability Index (DJSI), que inclúe as compañías do mundo con mellores prácticas de sostibilidade.

Ademais, por novena vez consecutiva GAS NATURAL FENOSA tamén forma parte da variante europea do índice, o DJSI Europe, sendo a única compañía do sector do gas presente neste índice.

A compañía obtivo as mellores cualificacións do seu sector nas seguintes áreas: códigos de conduta, oportunidades de mercado, xestión do risco de prezo, xestión do risco e crise, cadros de mando e sistemas de medida, transporte e distribución, reporte ambiental e social, cidadanía corporativa e filantropía, indicadores de prácticas laborais e dereitos humanos e atracción e retención do talento.

O Dow Jones Sustainability Index (DJSI), do que só forman parte un selecto grupo de empresas de todo o mundo, inclúe aquelas que acreditan un mellor posicionamento no cumprimento dos criterios de sostibilidade e responsabilidade corporativa.


Barcelona, 11 de setembro de 2014.