O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa ofrecerá diversas actividades para nenos e adultos durante este outono

Data
17-09-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O calendario inclúe obradoiros, exposicións e ciclos de cine, tanto para as familias coma para o público adulto.

O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa ten previsto un amplo abano de actividades e iniciativas para o público infantil e adulto durante este outono, para promover o uso responsable da enerxía, a preservación do medio e o respecto do patrimonio industrial.

Concretamente, a Fundación Gas Natural Fenosa, a través do seu Museo, organizará os sábados de outubro "Pelis en familia", un ciclo de películas de animación que este ano tratará sobre os grandes inventores da historia. Os domingos, as familias poderán apuntarse ás actividades deseñadas dentro da proposta "De domingo no Museo do Gas", que incluirá un obradoiro de decoración, cociñar galletas, debuxar ao carbón ou facer figuras de plastilina, entre outras. E a partir de novembro, a actividade familiar "Preparemos o Nadal no Museo do Gas" incluirá catro obradoiros de advento vinculados a esta época do ano.

Así mesmo, continúa aberta a exposición temporal "A beleza da máquina". Fotografía industrial de Ramon de Baños (1890-1980), que presenta unha selección inédita de fotografías que nos permite redescubrir o patrimonio industrial do país. O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa ofrece visitas comentadas e obradoiros didácticos da exposición, con cita previa.

Por outro lado, a Fundación Gas Natural Fenosa adhírese este ano ao Día Europeo de Fundacións e Doadores que terá lugar o vindeiro 1 de outubro, e por este motivo, durante a segunda quincena de setembro abrirá as súas portas a todas aquelas fundacións e institucións que desexen visitar as súas instalacións, situadas na Plaça del Gas de Sabadell, así como o seu Museo do Gas, de forma gratuíta. A Fundación ofrecerá tamén visitas guiadas logo de reserva, e o día 28 de setembro, poderanse inscribir gratuitamente ao obradoiro de repostaría que terá lugar no Museo do Gas.

Por último, do 16 de outubro ao 15 de novembro o Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa presentará a segunda edición do Festival CINELOW, unha iniciativa pioneira para dar visibilidade a producións cinematográficas de baixo custo que teñen a mesma riqueza artística e calidade que as obras que se proxectan en circuítos comerciais convencionais.

Para máis información, podedes consultar a páxina web da Fundación http://www.fundaciongasnaturalfenosa.org

A Fundación Gas Natural Fenosa

A Fundación Gas Natural Fenosa, fundada en 1992 por GAS NATURAL FENOSA, ten como obxectivo a sensibilización e educación ambiental, a promoción do uso responsable da enerxía, así como a promoción de actividades culturais orientadas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector do gas e a electricidade a través do seu Museo do Gas, un museo corporativo pioneiro no seu campo, e do seu Arquivo Histórico, considerado como un dos máis representativos do país. Isto combinado coa edición de publicacións especializadas.

O Museo do Gas é un equipamento cultural que combina a exposición permanente coa organización de exposicións e conferencias, un programa educativo para escolas, actividades para nenos e adultos e ciclos de cine e música.

 

Sabadell, 17 de setembro de 2014.