Gas Natural Fenosa renova a súa presenza no índice de sostibilidade FTSE4Good por décimo terceiro ano consecutivo

Data
19-09-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética forma parte da serie de índices de sostibilidade FTSE4Good dende a súa creación en 2001.

GAS NATURAL FENOSA foi incluída por décimo terceiro ano consecutivo na serie de índices de sostibilidade FTSE4Good tras unha nova avaliación semestral realizada por esta ferramenta dirixida a investidores socialmente responsables.

Os criterios de inclusión en FTSE4Good valoran aspectos amplamente recoñecidos como boas prácticas en materia de sostibilidade e son revisados periodicamente de forma que manter o seu cumprimento esixe un compromiso de mellora constante por parte das compañías que constitúen o índice.

O índice valora para cada un dos asuntos de responsabilidade corporativa aspectos como dispoñer dunha política pública un sistema de xestión con indicadores que midan o seu desempeño, ou ter en conta a participación dos grupos de interese naqueles asuntos de maior relevancia.

FTSE4Good é un índice para investidores que buscan compañías que cumpran con estándares responsables globalmente recoñecidos e contribúe ao desenvolvemento da responsabilidade corporativa a nivel mundial.

Responsabilidade corporativa recoñecida

A inclusión de GAS NATURAL FENOSA na serie de índices FTSE4Good súmase ao recoñecemento obtido recentemente pola compañía, ao ser valorada como líder do sector de distribución de gas polo índice mundial de investimento socialmente responsable Dow Jones Sustainability Index (DJSI World).


Barcelona, 19 de setembro de 2014.