Gas Natural Fenosa renova o seu compromiso co cine apoiando a II edición dos Premios Feroz®

Data
27-09-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía anunciou hoxe que patrocinará novamente esta iniciativa da Asociación de Informadores Cinematográficos de España, durante a cerimonia de entrega do Premio Feroz Zinemaldia en San Sebastián.

  • Os II PREMIOS FEROZ®, cuxos nominados se coñecerán o 16 de decembro, entregaranse durante unha gala que se celebrará en Madrid en xaneiro de 2015.


Os PREMIOS FEROZ® 2015 contarán co apoio de GAS NATURAL FENOSA, que renova por segunda vez o seu compromiso con esta iniciativa da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) como patrocinador principal, froito do seu compromiso coa sociedade e a cultura cinematográfica.

O director xeral de Comunicación e Gabinete de Presidencia de Gas Natural Fenosa, Jordi García Tabernero, durante o acto de entrega do Premio Feroz Zinemaldia, que tivo lugar hoxe no Festival de San Sebastián, facía fincapé na importancia de promover iniciativas como as dos PREMIOS FEROZ®, que "fomentan a calidade, a creatividade, a orixinalidade e o talento dentro do noso cine, e o dotan de prestixio e respecto, tanto no ámbito nacional coma internacional".

Este ano o Premio Feroz Zinemaldia foi para a película A illa mínima, de Alberto Rodríguez, que a recoñece como o mellor traballo da sección oficial a concurso. Trátase dun galardón que outorga a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE), formada por xornalistas e críticos de cine de todo o país, que fosen acreditados polo Festival de San Sebastián.

GAS NATURAL FENOSA, compromiso coa cultura e o cine

Co obxectivo de seguir apoiando e impulsando o cine español, GAS NATURAL FENOSA presentaba fai unha semana 'Ultravioleta', a curtametraxe de Paco Plaza producida pola compañía no marco de Cinergía. Trátase dunha anovadora iniciativa para achegar a eficiencia enerxética ao gran público a través de catro curtas dirixidas por recoñecidos directores e protagonizadas por actores españois.

Segundo apuntou Jordi García Tabernero, "dende que iniciamos a nosa vinculación ao cine no ano 2008, o noso compromiso non fixo máis que medrar. Somos patrocinadores dos principais festivais de cine de España, entre eles o que hoxe se clausura, o Festival de San Sebastián, e queremos seguir formando parte de proxectos que apoian e recoñecen o mérito e a calidade do noso cine".

Entre outras iniciativas, GAS NATURAL FENOSA desenvolve os Ciclos de Cine Itinerante, en colaboración coa Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, co obxectivo de achegar a cultura cinematográfica de forma gratuíta a diferentes zonas da xeografía española. Ademais, a compañía patrocina 43 salas de cine da rede Cinesa que levan o nome de Gas Natural Fenosa.

Co seu apoio ao mundo do cinema, a compañía enerxética colabora cunha das industrias que máis se viron afectada pola situación económica, especialmente no caso dos festivais, que sufriron fortes recortes nas súas fontes de financiamento nos últimos anos.


San Sebastián, 27 de setembro de 2014.
 

Ficheiros relacionados