A Fundación Gas Natural Fenosa organiza a primeira xornada formativa do programa Primeira Exportación en Castela e León

Data
23-09-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O Programa Primeira Exportación é un proxecto da Fundación Gas Natural Fenosa para formar e asesorar gratuitamente pemes de calquera sector que desexen realizar a súa primeira exportación.

  • A iniciativa é un novo paso no compromiso de GAS NATURAL FENOSA que, a través da súa Fundación, contribúe ao desenvolvemento económico, industrial e empresarial na rexión.

O director xeneral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà, e o xefe de Promoción Internacional da Axencia de Innovación, Financiamento e Internacionalización Empresarial de Castela e León (ADE), Óscar Lázaro, inauguraron hoxe, no Edificio de Solucións Empresariais da Xunta de Castela e León, en Arroyo de la Encomienda (Valladolid), a primeira xornada formativa do Programa Primeira Exportación en Castela e León, que reuniu, máis de cincuenta profesionais de pequenas e medianas empresas castelá-leonesas.

O Programa Primeira Exportación é un proxecto da Fundación Gas Natural Fenosa que ten como obxectivo formar e asesorar gratuitamente a pemes de todo o territorio español que desexen realizar a súa primeira exportación, a través dun completo plan de formación gratuíto e continuo.

Os asistentes á sesión de hoxe - Primeira Exportación: Un reto asumible para calquera peme- contaron co asesoramento do director executivo do Programa Primeira Exportación da Fundación, Emilio Segura, quen abordou as claves para realizar un autodiagnóstico das capacidades exportadoras dunha peme.

Tamén participaron expertos do mundo da empresa de diferentes sectores, institucións e da Administración Pública. Por exemplo, o product manager de DHL Express Servicios, Marta Belloso, quen expuxo algúns consellos prácticos para evitar incidencias e optimizar o transporte internacional e as alfándegas.

Pola súa banda, o responsable de Comercio Exterior de La Caixa, Antonio Llorente, analizou os métodos para reducir as posibilidades de risco financeiro, a través dos métodos de cobramento e pagamento de comercio exterior, mentres que o xefe da Área de Información, Formación e Rede Exterior da ADE, Marcos Serra, sinalou as pautas e as posibilidades de financiamento e internacionalización empresarial en Castela e León.

Finalmente, o director comercial e xerente da Quesería La Antigua de Fuentesaúco, Fernando Fregeneda, trasladou a súa experiencia profesional como un claro exemplo do éxito que pode chegar a alcanzar unha peme rexional a través da exportación dos seus produtos a outros mercados, no seu caso, do sector agroalimentario.

Programa Primeira Exportación

O Programa Primeira Exportación da Fundación Gas Natural Fenosa céntrase en acompañar ás pemes a dar os seus primeiros pasos no ámbito da exportación en calquera parte do mundo, a través dun completo plan de formación gratuíto e continuo que inclúe sesións formativas presenciais e en liña, asesoramento e titorías personalizadas a través das que os participantes adquiran coñecementos en temas como a mercadotecnia internacional, a xestión empresarial e a formación de prezos, entre outros.

O programa que a Fundación Gas Natural Fenosa creou en 2001 en Arxentina implantouse este ano por primeira vez en España. Para participar no programa, as empresas interesadas teñen que achegar un CIF e inscribirse no programa a través da páxina web www.fundaciongasnaturalfenosa.org.

Unha nova iniciativa da Fundación Gas Natural Fenosa en Castela e León

A implantación deste programa para axudar ás pemes de Castela e León é un novo paso no compromiso de GAS NATURAL FENOSA con esta comunidade, que tamén a través da actividade da súa Fundación, contribúe ao desenvolvemento económico, industrial e empresarial, xerando riqueza, emprego e progreso.

A Fundación Gas Natural Fenosa, fundada en 1992, orienta as súas actividades á promoción da información, a formación e a sensibilización da sociedade na mellora da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica no ámbito da enerxía, de forma coherente co respecto e a protección do ambiente, e promove actividades culturais a través do seu Museo do Gas, dirixidas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector. As súas actividades internacionais desenvólvense en Alxeria, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, México, Marrocos, Italia e Moldavia.

Valladolid, 23 de setembro de 2014.
 

Ficheiros relacionados