Gas Natural Fenosa estrea no Festival de Sitges a curta "1.58" de Rodrigo Cortés, producida pola compañía

Data
03-10-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema
  • GAS NATURAL FENOSA é patrocinador do Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya por quinta vez consecutiva, terceira como Patrocinador Principal, continuando así co seu apoio á industria do cine.

O director xeral de Comunicación e Gabinete de Presidencia de GAS NATURAL FENOSA, Jordi García Tabernero, o director do Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya, Àngel Sala, o director de cine, Rodrigo Cortés, e os actores, Manuela Vellés e Gabino Diego, presentaron hoxe en Sitges a curtametraxe "1.58", que foi producida pola compañía enerxética no marco de CINERGÍA, iniciativa que busca achegar a eficiencia enerxética ao grande público e fomentar o talento na industria cinematográfica do noso país.

A través de CINERGÍA, GAS NATURAL FENOSA deu un salto á produción cinematográfica tras seleccionar catro recoñecidos directores españois -Paco Plaza, Rodrigo Cortés, Jaume Balagueró e Juan Cruz- moi populares entre o público, para dirixir catro curtametraxes vinculadas á eficiencia enerxética e aos produtos e servizos da compañía.

"1.58" é unha produción con aires de thriller e terror protagonizada por Manuela Vellés, coas voces de Gabino Diego, a xornalista Julia Otero, e a colaboración especial da actriz Alexandra Jiménez, que ofrece ao espectador diferentes claves sobre unha condución eficiente, a través da historia dunha rapaza que conduce de noite dun xeito descoidado, ata que un grupo de misteriosos asaltantes lle causan serios problemas.

As curtametraxes de CINERGÍA estrearanse nos principais festivais do país e chegarán ás salas de cine e os fogares de miles de españois. Trátase de historias de xénero fantástico e thriller, sen perder de vista o humor, e están protagonizadas por algúns dos actores máis recoñecidos do panorama nacional, como Terele Pávez, José Coronado, Fele Martínez e Maribel Verdú. Cada relato está relacionado cun aspecto da enerxía eficiente: mantemento de equipos, eficiencia no fogar, eficiencia no traballo e mobilidade sostible.

A raíz do proxecto, a compañía enerxética actualizou a súa páxina web de No cine, como na casa (http://cine.gasnaturalfenosa.es) con toda a información e as novidades sobre CINERGÍA. Ademais, a través das súas redes sociais lanzará numerosas promocións co obxectivo de achegar o cine a todos os espectadores.

Patrocinio do Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya

A compañía enerxética é patrocinador do festival por quinta vez consecutiva, terceira como patrocinador principal. A súa aposta polo certame pon de manifesto, unha vez máis, o seu firme compromiso coa cultura, e máis concretamente co desenvolvemento do cine español. O proxecto CINERGÍA e o patrocinio cinematográfico pretende axudar a unha das industrias que máis se viu afectada pola crise, especialmente no caso dos festivais, que sufriron nos últimos anos importantes recortes nas súas fontes de financiamento.

Durante os días en que se desenvolve o Festival de Sitges, a compañía dispón dun espazo propio no recinto do certame, onde mostra como é unha casa eficiente e difunde consellos de eficiencia enerxética. Dentro do espazo, a Fundación Tomando Conciencia expoñerá dúas bicicletas do proxecto Bicicletas sen Fronteiras, coa finalidade de captar fondos para comprar bicicletas para que as nenas da Fundación Vicente Ferrer na India poidan ir á escola.

Ademais, o Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa ofrecerá actividades dirixidas a grupos escolares, onde os alumnos descubrirán, interactuando coa exposición, as claves para o aforro e a eficiencia enerxética no fogar. O espazo conta con electrodomésticos e produtos enerxeticamente eficientes cedidos por LG, Philips e Procter & Gamble.

O Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya é o primeiro festival de cine fantástico do mundo e unha das manifestacións culturais con máis repercusión mediática do país. O apoio de GAS NATURAL FENOSA ao certame, que empezou en 2010, enmárcase na súa campaña "No cine, como na casa", e é froito do compromiso social da compañía enerxética.

Compromiso coa cultura e o cine

GAS NATURAL FENOSA mantén un compromiso de colaboración coa sociedade e en especial co mundo do cine, a través do seu apoio aos principais festivais e ás salas de proxección do país. A compañía patrocina, entre outros, o Festival de San Sebastián, o Festival de Cine de Málaga, o Madrid Premiere Week e o Festival Internacional de Cine de Cartaxena, así como 43 salas de cine da rede Cinesa en España que levan o nome de Gas Natural Fenosa.

O seu compromiso reflíctese, por exemplo, con iniciativas como o CINELOW, cuxa segunda edición terá lugar do 16 de outubro ao 15 de novembro no Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa, unha iniciativa pioneira cuxos comisarios son o actor e director Roger Coma e o director de cine Xavier Miralles, con vocación de dar visibilidade a producións cinematográficas de baixo custo.


Barcelona, 3 de outubro de 2014.