Gas Natural Fenosa crea a sociedade Global Power Generation para impulsar o seu negocio de xeración internacional

Data
01-10-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A nova sociedade aglutina os activos e negocios de xeración eléctrica internacional de GAS NATURAL FENOSA fóra de Europa.

  • A creación de Global Power Generation está aliñada cos obxectivos establecidos no actual plan estratéxico da compañía enerxética, que recolle o crecemento no mercado internacional a través do desenvolvemento de proxectos de xeración, especialmente en América latina e Asia.

GAS NATURAL FENOSA crea a sociedade Global Power Generation para impulsar o negocio de xeración internacional e abrirse a novos mercados, tal e como recollen as liñas de crecemento do seu actual plan estratéxico.

A compañía Global Power Generation nace con 2.852 MW de capacidade de xeración en operación, 284 MW en construción e cunha carteira de proxectos en desenvolvemento de 850 MW. Así mesmo, contará cuns 800 profesionais vinculados á actividade de xeración internacional.

A sociedade integra todos os activos de xeración internacional do grupo en México (catro centrais de ciclo combinado e o parque eólico de Bii-Hioxo); Costa Rica (centrais hidráulicas de La Joya e Torito); Porto Rico (ciclo combinado); República Dominicana (central térmica); Panamá (central hidráulica e central térmica; Kenya (central térmica); e Australia (proxectos eólicos en desenvolvemento).

A nova sociedade será dirixida por Javier Fernández, en calidade de director xeral da compañía. Fernández, ata a data exercía como director xeral de Xeración do grupo.

Segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE), as necesidades de instalar nova capacidade de xeración ata o ano 2035 en América latina son de 248 GW e en Asia e Oceanía, de 2.688 GW.

A creación de Global Power Generation responde ao interese de GAS NATURAL FENOSA de acelerar e potenciar o crecemento do negocio de xeración a nivel internacional e valorar investimentos en novos mercados fóra de Europa, nos que se prevé que se concentren as necesidades de nova xeración no futuro próximo.

 

Barcelona, 1 de outubro de 2014.