O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa presenta o II Festival CINELOW, de cine low cost e directores emerxentes

Data
08-10-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O certame, que ten como obxectivo dar visibilidade a producións feitas por directores emerxentes con poucos recursos, terá lugar do 16 de outubro ao 15 de novembro no auditorio da Fundación Gas Natural Fenosa (Plaça del Gas, 8), en Sabadell (Barcelona).

  • O ciclo contará coa proxección de nove filmes seleccionados polo Xurado, que serán presentadas polos seus directores, e ao final repartiranse cinco premios.

O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa presenta, do 16 de outubro ao 15 de novembro, a segunda edición do Festival CINELOW, unha iniciativa innovadora e pioneira, con vocación de dar visibilidade a producións cinematográficas de baixo custo. O certame, comisariado polo actor e director, Roger Coma, e o director de cine, Xavier Miralles, é unha plataforma para descubrir propostas audiovisuais alternativas de tanta riqueza artística e calidade como as obras que se proxectan en circuítos comerciais convencionais.

A convocatoria recibiu 103 candidaturas, das cales os comisarios seleccionaron nove a concurso e unha para a sesión de clausura, fóra de concurso. As obras seleccionadas a concurso son exemplo da variedade de temáticas que aborda as producións de baixo custo, e destacan pola súa visión artística ou ben polo contido social dos seus argumentos.

Os filmes serán presentados polos seus directores durante unha charla posterior á proxección, na que compartirán a súa experiencia co público asistente e o proceso de creación de cada un dos proxectos. Ao final, o certame ofrecerá cinco premios: premio a Mellor director, premio a Mellor actor, premio a Mellor actriz, premio a Mellor película e premio do Público.

O Xurado desta segunda edición está formado polo director e produtor, Roger Coma, o director de cine, Xavier Miralles, a actriz Mar del Hoyo, o director e guionista, Roger Gual, e o actor David Verdaguer, todos eles figuras representativas do xénero low cost.

Na súa primeira edición, o CINELOW conseguiu esgotar as entradas para todas as sesións. Segundo os seus comisarios, Roger Coma e Xavier Miralles, "nesta ocasión e, contando co interese crecente do público e co recoñecemento do sector audiovisual, o certame quere converterse nunha plataforma crecente para dar o recoñecemento que merecen as propostas cinematográficas valentes, producidas coa convicción de que as boas ideas teñen que camiñar por diante dos medios".

Programa do Festival

Xoves 16 de outubro
18 h - Inauguración
19 h - Ruta 66

Sábado 18 de outubro
20 h - Paradiso

Xoves 23 de outubro
19 h - Involucrado

Sábado 25 de outubro
20 h - Otel.lo

Xoves 30 de outubro
19 h - Ao escoitar o vento

Sábado 1 de novembro
20 h - Pecado fatal

Xoves 6 de novembro
19 h - Os meus Cármenes

Sábado 8 de novembro
20 h - A muller que falaba cos mortos

Xoves 13 de novembro
19 h - Pixel Theory

Sábado 15 de novembro
19 h - Clausura e entrega de premios
20 h - A árbore sen sombra (Fóra de competición)

Tráileres das películas seleccionadas

Ruta 66: http://vimeo.com/54014556
Paradiso: http://www.youtube.com/watch?v=EXWaz1hP_lw
Ao escoitar o vento: http://www.youtube.com/watch?v=QPxyFqWUKJo
Otel.lo: http://vimeo.com/58176413
A muller que falaba cos mortos: http://www.youtube.com/watch?v=ruoFmaI1IWI
Pixel Theory: http://vimeo.com/71410131
Involucrado: http://www.youtube.com/watch?v=kIcm-Sif1dc
Os meus Cármenes: http://vimeo.com/74577290
Pecado fatal: http://www.youtube.com/watch?v=uKI15bABim4
A árbore sen sombra: http://www.youtube.com/watch?v=wOjwxXqgyhc

A Fundación Gas Natural Fenosa

A Fundación Gas Natural Fenosa, fundada en 1992 por GAS NATURAL FENOSA, ten como misión a sensibilización e educación ambiental, a promoción do uso responsable da enerxía, así como a promoción de actividades culturais orientadas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector do gas e a electricidade a través do seu Museo do Gas, un museo corporativo pioneiro no seu campo, e do seu Arquivo Histórico, considerado como un dos máis representativos do país. As súas actividades internacionais desenvólvense en Alxeria, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, México, Marrocos, Italia e Moldavia.

O Museo do Gas é un equipamento cultural que combina a exposición permanente coa organización de exposicións e conferencias, un programa educativo para escolas, actividades para maiores e pequenos e ciclos de cine e música.

 

Sabadell, 8 de outubro de 2014.
 

Ficheiros relacionados