Gas Natural Fenosa alcanzou un acordo para comprar CGE, a maior distribuidora de electricidade e gas de Chile, por 2.600 millóns de euros

Data
12-10-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A multinacional enerxética española, que alcanzou previamente un acordo cos propietarios do 54,19% do capital social da Compañía General de Electricidad, S.A. (CGE) de Chile polo cal se comprometen a acudir á Oferta Pública de Adquisición que se lanzará para tal efecto, aborda a maior compra internacional da súa historia.

  • GAS NATURAL FENOSA lanzará unha Oferta Pública de Adquisición polo 100% do capital social a un prezo de 4.700 pesos chilenos por acción na maior OPA realizada nunca neste país.
  • Con esta adquisición o grupo español entra no negocio enerxético de Chile, fortalecendo a súa presenza en América latina con máis de 2,5 millóns de clientes e que distribúe electricidade ao 40% do mercado chileno. Adicionalmente, a través da súa filial TRANSNET, é o primeiro operador de rede de alta tensión de Chile, mediante GASCO, distribúe GLP en Chile e Colombia e a través de METROGAS distribúe gas natural en Chile.
  • A operación enmárcase en obxectivos de internacionalización e crecemento de GAS NATURAL FENOSA no negocio de distribución de enerxía en países con potencial desenvolvemento da xeración eléctrica e que permiten capturar sinerxías no negocio midstream de gas, de acordo co anunciado no plan estratéxico 2013-2015 e fortalecer e consolidar a súa posición en América latina.

GAS NATURAL FENOSA e os accionistas maioritarios da sociedade chilena Compañía General de Electricidad, S.A. (CGE) formado por Grupo Familia Marín, Grupo Almería e Grupo Familia Pérez Cruz, que representan aproximadamente o 54,19% capital social, subscribiron un Contrato de Promesa de Compravenda en virtude do cal a multinacional enerxética española se compromete a lanzar unha Oferta Pública de Adquisición (OPA) sobre a totalidade do capital social de CGE e os vendedores a vender irrevogablemente as súas accións no marco da devandita oferta.

A oferta, que se fai polo 100% das accións de CGE a un prezo en efectivo de 4.700 pesos chilenos por acción e está suxeita, entre outras condicións habituais neste tipo de operacións, prevese pechar durante a segunda quincena de novembro.

En caso de alcanzarse un grao de aceptación do 100%, a adquisición implicaría un desembolso de aproximadamente 2.600 millóns de euros. O tamaño total da operación, incluíndo a débeda consolidada de CGE e a participación minoritaria das súas filiais, é de aproximadamente 6.000 millóns de euros.

A adquisición por parte de GAS NATURAL FENOSA supoñerá a maior operación de compra internacional realizada pola multinacional enerxética española en toda a súa historia e tamén a maior compra dunha utility en América latina.

A entrada nun mercado enerxético clave

Para GAS NATURAL FENOSA esta operación supón un fito estratéxico clave porque lle permite entrar no mercado enerxético de Chile dende unha posición de liderado, a través da principal empresa de distribución de electricidade e gas do país, que conta con máis de 2,5 millóns de clientes e que distribúe electricidade ao 40% do mercado chileno, incluíndo parte da capital Santiago de Chile.

Coa adquisición de CGE, a multinacional enerxética española estará presente no negocio enerxético en sete das nove maiores urbes de América latina e nas cinco principais capitais do continente (Bogotá, Bos Aires, México DF, Río de Xaneiro e Santiago de Chile).

A operación supón un paso máis no cumprimento dos obxectivos de crecemento incluídos no plan estratéxico de GAS NATURAL FENOSA, xa que reforza a súa posición en distribución de gas e electricidade en América latina.

Dende o punto de vista financeiro, a operación non altera a solidez financeira da compañía e acelera o cumprimento dos obxectivos comprometidos no plan estratéxico 2013-2015, achegando activos e negocios de gran calidade.

Sobre Grupo CGE

Compañía General de Electricidad, S.A. (CGE) é a cabeceira dun dos grupos enerxéticos integrados máis importantes do país. Concentra case toda a súa actividade no sector eléctrico e gasista en Chile (dende Arica a Porto Williams), Arxentina (en catro provincias) e en Colombia (26 dos 32 distritos na actividade de distribución de gas licuado).

No mercado de electricidade, a compañía é responsable da distribución do 40% da enerxía eléctrica e satisfai a demanda do 43% dos consumidores de Chile, con máis de 2,5 millóns de clientes e é o primeiro operador de rede de alta tensión cunha cota de mercado do 35% e máis de 3.400 quilómetros de liñas.

Así mesmo, conta unha participación directa en GASCO, unha das tres principais distribuidoras de GLP cun 27% de cota de mercado, e METROGAS, a principal distribuidora de gas do país con máis de 580.000 clientes, e asegúrase unha sólida posición no mercado de Gas Natural Licuado (GNL) a través da súa participación na terminal de Quintero.

O EBITDA de CGE no exercicio 2013 alcanzou os 743 millóns de dólares, dos que o 96% corresponde á súa actividade no mercado enerxético chileno.

Sobre GAS NATURAL FENOSA

GAS NATURAL FENOSA é unha das compañías multinacionais líderes no sector do gas e a electricidade, está presente en máis de 25 países, conta con máis de 20 millóns de clientes e ten unha potencia instalada de 15,4 gigavatios. É a maior compañía integrada en gas e electricidade de España e América latina, líder en comercialización de gas natural na Península Ibérica e primeira distribuidora de gas natural de América latina. Cunha frota de nove buques metaneiros, é un operador de referencia de GNL/GN da conca atlántica e mediterránea, onde opera 30 bcm.

A compañía pechou o exercicio 2013 cun EBITDA de 5.085 millóns de euros e unha sólida posición no mercado internacional de aprovisionamento e comercialización de gas.


Barcelona, 12 de outubro de 2014.

Enlaces relacionados