O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa inaugura o II Festival CINELOW, de cine low cost e directores emerxentes

Data
17-10-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O certame, que ten como obxectivo dar visibilidade a producións feitas por directores emerxentes con poucos recursos, terá lugar do 16 de outubro ao 15 de novembro no auditorio da Fundación Gas Natural Fenosa (Plaça del Gas, 8), en Sabadell (Barcelona).

  • O ciclo contará coa proxección de nove filmes seleccionados polo Xurado, que serán presentadas polos seus directores, e ao final repartiranse cinco premios.

O concelleiro de Cultural do Concello de Sabadell, Quim Carné, o director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà, a directora do Museo do Gas, Eva Buch, e os comisarios do CINELOW, Xavier Miralles e Roger Coma, inauguraron hoxe o II Festival CINELOW, de cine low cost e directores emerxentes, que terá lugar ata o 15 de novembro no Auditorio da Fundación Gas Natural Fenosa, en Sabadell (Barcelona).

O Festival CINELOW unha iniciativa innovadora e pioneira, promovida pola Fundación Gas Natural Fenosa, con vocación de dar visibilidade a producións cinematográficas de baixo custo. O certame, comisariado polo actor e director, Roger Coma, e o director de cine, Xavier Miralles, é unha plataforma para descubrir propostas audiovisuais alternativas de tanta riqueza artística e calidade como as obras que se proxectan en circuítos comerciais convencionais.

A convocatoria recibiu 103 candidaturas, das cales os comisarios seleccionaron nove a concurso e unha para a sesión de clausura, fóra de concurso. As obras seleccionadas a concurso son exemplo da variedade de temáticas que abordan as producións de baixo custo, e destacan pola súa visión artística ou ben polo contido social dos seus argumentos.

Os filmes serán presentados polos seus directores durante unha charla posterior á proxección, na que compartirán a súa experiencia co público asistente e o proceso de creación de cada un dos proxectos. Ao final, o certame ofrecerá cinco premios: premio a Mellor director, premio a Mellor actor, premio a Mellor actriz, premio a Mellor película e premio do Público.

Como na primeira edición do festival, grazas a un acordo con CINESA, as películas gañadoras do premio do Xurado e de Público poderán ser proxectadas nunha sala da súa rede, escollida dentro do territorio nacional. Por outro lado, co obxectivo de premiar a asistencia do público, durante cada sesión sortearanse dúas convites dobres entre os asistentes.

O xurado desta segunda edición está formado polo director e produtor, Roger Coma, o director de cine, Xavier Miralles, a actriz Mar del Hoyo, o director e guionista, Roger Gual, e o actor David Verdaguer, todos eles figuras representativas do xénero low cost.


A Fundación Gas Natural Fenosa

A Fundación Gas Natural Fenosa, fundada en 1992 por GAS NATURAL FENOSA, ten como misión a sensibilización e educación ambiental, a promoción do uso responsable da enerxía, así como a promoción de actividades culturais orientadas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector do gas e a electricidade a través do seu Museo do Gas, un museo corporativo pioneiro no seu campo, e do seu Arquivo Histórico, considerado como un dos máis representativos do país. As súas actividades internacionais desenvólvense en Alxeria, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, México, Marrocos, Italia e Moldavia.

O Museo do Gas é un equipamento cultural que combina a exposición permanente coa organización de exposicións e conferencias, un programa educativo para escolas, actividades para maiores e pequenos e ciclos de cine e música.


Sabadell, 16 de outubro de 2014.

Ficheiros relacionados