Gas Natural Fenosa realizou hoxe unha emisión de bonos híbridos de 1.000 millóns de euros cun cupón anual do 4,125%

Data
13-11-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A emisión, cuxa demanda se achegou aos 6.000 millóns de euros, servirá para reforzar a estrutura de capital da compañía, optimizar a estrutura financeira, incrementar a súa xa ampla liquidez e diversificar as súas fontes de financiamento.

  • A operación está dirixida exclusivamente a investidores institucionais.


GAS NATURAL FENOSA pechou hoxe unha emisión de obrigas perpetuas subordinadas por un importe de 1.000 millóns de euros, amortizable a elección do emisor a partir do oitavo aniversario desta. Esta emisión fixouse cun cupón anual do 4,125% e un prezo de emisión dos novos bonos do 100% do seu valor nominal.

A emisión, que se lanzou esta mañá no mercado europeo, foi sobresubscrita en case 6 veces, con ordes de máis de 400 investidores institucionais de 23 países, o que supón que máis do 90% se subscribiu con investidores estranxeiros, entre os que destacan os de Gran Bretaña, Italia, Francia e Alemaña.

Os fondos recibidos nesta operación, cuxo desembolso esta previsto para o vindeiro día 18 de novembro, servirán para reforzar a estrutura de capital da compañía, optimizar a estrutura financeira, incrementar a súa xa ampla liquidez e diversificar as súas fontes de financiamento, aumentando o peso do mercado de capitais.

 


Barcelona, 12 de novembro de 2014.