Gas Natural Fenosa destinará 397 millóns de euros ao pagamento do dividendo á conta do exercicio 2014

Data
01-12-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética realizará, a partir do vindeiro día 8 de xaneiro, un pagamento en efectivo de 0,397 euros por acción.

  •  Este importe supón un incremento do 1% da cantidade destinada a dividendo á conta respecto ao distribuído con cargo ao exercicio 2013.


O Consello de Administración de GAS NATURAL FENOSA acordou destinar 397 millóns de euros ao pagamento do dividendo á conta, a cargo dos resultados do exercicio 2014.

De acordo con este dividendo á conta aprobado, a compañía realizará, o vindeiro 8 de xaneiro de 2015, un pagamento en efectivo de 0,397 euros por acción a cada unha das 1.000.689.341 accións da sociedade.

A decisión do Consello de Administración supón aumentar nun 1% a cantidade destinada a dividendo á conta respecto ao distribuído con cargo ao exercicio anterior, se ben a cantidade total destinada finalmente a dividendo con cargo aos resultados de 2014 se concretará coincidindo coa formulación das contas anuais do exercicio 2014.

A cargo dos resultados do exercicio 2013, GAS NATURAL FENOSA destinou un dividendo de 0,897 euros por acción, distribuído nun dividendo á conta de 0,393 euros por acción, aboado a principios de xaneiro deste ano, e un dividendo complementario de 0,504 euros por acción, aboado o pasado mes de xullo, o que significou un pay out do 62%.

 

Barcelona, 1 de decembro de 2014.