Gas Natural Fenosa premia a dúas estudantes da Escola de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais de Oviedo

Data
09-12-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía entregou o XXI Premio Gas Natural Fenosa de Enerxía e Medio Ambiente a dúas estudantes desta escola de enxeñaría superior, polo valor e a calidade dos seus proxectos de fin de carreira.

GAS NATURAL FENOSA premiou os proxectos de fin de carreira de dúas estudantes da promoción 2013-2014 da Escola de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais (EIMEM) da Universidade de Oviedo pola gran calidade e valía dos traballos presentados.

O primeiro premio recibiuno o proxecto fin de carreira 'Impacto radiológico de una central de biomasa' (Impacto radiolóxico dunha central de biomasa) da estudante Carmen Arganza González. A compañía tamén entregou un accésit para o proxecto fin de carreira 'Determinación de la difusividad térmica del subsuelo a partir de un sondeo geotérmico con instrumentación térmica.Aplicación a un caso práctico' (Determinación da difusividade térmica do subsolo a partir dunha sondaxe xeotérmica con instrumentación térmica. Aplicación a un caso práctico) de Marta González García. Ambos os dous premios tiveron unha dotación económica para os gañadores e un diploma acreditativo.

O xurado que outorgou os premios estaba composto por responsables da compañía enerxética vinculados á xestión da xeración e o medio ambiente, e profesores da EIMEM. A responsable de Mantemento da Central Térmica de Narcea de GAS NATURAL FENOSA, Mª Pilar Luque García, foi a encargada de entregar os premios nun acto que tivo lugar na Aula Magna "Santa Bárbara" da Escola de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais de Oviedo.

O impulso destes premios é froito do compromiso de GAS NATURAL FENOSA coa sociedade, alén da súa actividade empresarial, que se concreta nun amplo labor de patrocinio naqueles territorios onde está presente.

 


Oviedo, 9 de decembro de 2014.