Gas Natural Fenosa e o Banco Europeo de Investimentos asinan un préstamo para potenciar proxectos de eficiencia enerxética nos seus clientes

Data
05-12-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O préstamo, por un importe de ata 75 millóns de euros, destinarase a financiar parcialmente o programa de investimentos de mellora de eficiencia enerxética de GAS NATURAL FENOSA.

  • O devandito programa consiste na realización de investimentos cuxa execución supoña un aforro de enerxía comparado coas condicións dos mesmos proxectos antes do investimento, aplicable a todo tipo de tecnoloxías como caldeiras, bombas de calor, iluminación LED ou redes de calor e frío.


GAS NATURAL FENOSA asinou hoxe un préstamo por importe total de ata 75 millóns de euros co Banco Europeo de Investimentos (BEI), destinado a financiar parte do programa de investimentos de mellora en proxectos de eficiencia enerxética.

O financiamento acordado co BEI servirá para mellorar a competitividade e potenciar, en liña cos obxectivos do Plan Estratéxico, os servizos enerxéticos da filial Gas Natural Servicios.

O financiamento estruturarase baixo o formato de «préstamo marco con disposicións». As devanditas disposicións terán unha duración de oito anos con tres de carencia e faranse en función da elixibilidade dos investimentos de acordo aos criterios acordados co Banco Europeo de Investimentos.

 

Barcelona, 5 de Decembro de 2014.