Gas Natural Fenosa colabora nun proxecto de apoio a mozos investigadores da Fundación Xeral CSIC

Data
15-12-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética colaborará no programa ComFuturo, cuxo obxectivo é apoiar a científicos españois mozos e cualificados para que desenvolvan os seus proxectos de ciencia e tecnoloxía.

  • A contribución de GAS NATURAL FENOSA permitirá a contratación dun mozo doutor para que desenvolva o seu proxecto de investigación durante tres anos nun centro do CSIC en España.


GAS NATURAL FENOSA e a Fundación Xeral CSIC (FGCSIC) subscribiron un convenio de colaboración en relación co programa de colaboración público-privada ComFuturo, cuxo propósito é paliar a difícil situación de científicos mozos e altamente cualificados que non encontran acomodo no sistema español de ciencia e tecnoloxía, malia poder achegar valiosas respostas aos desafíos que ha de enfrontar a nosa sociedade.

En virtude do convenio, GAS NATURAL FENOSA fará unha achega económica que permitirá a contratación dun mozo doutor cuxo proxecto fose seleccionado sobre a base da súa orixinalidade e interese, que levará a cabo durante tres anos no máis axeitado de entre os máis de cento vinte institutos ou centros que o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) abandeira en todo o territorio español. A compañía tamén cubrirá a atención de gastos menores asociados ao desenvolvemento do proxecto.

Pola súa banda, o CSIC e os seus centros contribuirán tamén aos gastos asociados ao desenvolvemento do proxecto e facilitarán os espazos, laboratorios, instalacións e equipos necesarios para a súa execución.

O programa ComFuturo pretende seleccionar e captar o mellor talento mozo investigador e posibilitar que desenvolva proxectos de investigación de alcance no ámbito do CSIC, primeiro organismo de investigación en España e terceiro de Europa. A primeira edición do programa convocarase en breve.

Coa sinatura deste convenio, GAS NATURAL FENOSA demostra unha vez máis o seu compromiso por contribuír ao desenvolvemento, a investigación e a innovación, que vai máis alá da súa actividade empresarial, nas comunidades nas que opera, e poder reverter na sociedade parte do que esta lle reporta.


Madrid, 12 de decembro de 2014.