Gas Natural Fenosa doa á Fundación Adsis o custo da produción das tarxetas de Nadal deste ano

Data
15-12-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética achegará 12.000 euros á Fundación Adsis para o seu proxecto de fondo de bolsas do Programa Estudian, que beneficiará a máis de 7.200 alumnos en España.

  • Esta iniciativa, que GAS NATURAL FENOSA leva a cabo por duodécimo ano consecutivo, forma parte dos seus programas de patrocinio que teñen como obxectivo xerar un maior nivel de compromiso coa sociedade.

GAS NATURAL FENOSA doará 12.000 euros á Fundación Adsis, cantidade que equivale ao custo que a compañía destinaría ao deseño e produción das felicitacións de Nadal deste ano e que substituíu por unha carta ordinaria.

A organización asignará o importe ao Fondo de Bolsas do seu programa Estudian, que ten como obxectivo cubrir as necesidades formativas de nenos/as e mozos sen recursos para garantir a súa permanencia no sistema educativo.

As bolsas, ademais de cubrir o pagamento das matrículas escolares, inclúen unha axuda adicional para apoio extraescolar, merca de material e transporte público.

Esta iniciativa de GAS NATURAL FENOSA, que leva a cabo por duodécimo ano consecutivo, forma parte dos programas de patrocinio do grupo, que teñen como obxectivo xerar un maior nivel de compromiso coa sociedade, e que contan con liñas de acción dedicadas ao ámbito social, cultural e medioambiental.

A Fundación Adsis é unha entidade sen ánimo de lucro que dende hai máis de 45 anos traballa para que as persoas en risco de exclusión social teñan oportunidades de futuro. Traballa principalmente xunto a mozos e proporciónalles o acompañamento, os recursos e as ferramentas que necesitan para que poidan superar o fracaso escolar e o desemprego.

 

Barcelona, 15 de decembro de 2014.