O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa ofrecerá diversas actividades para nenos e adultos durante este Nadal

Data
17-12-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O calendario inclúe talleres, exposicións e actividades solidarias, que poderán gozar tanto as familias, como o público adulto.

O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa ten previsto un amplo abano de actividades e iniciativas para o público infantil e adulto durante este Nadal, coa finalidade de promover o uso responsable da enerxía, a preservación do medio ambiente e o respecto polo patrimonio industrial.

Por unha banda, ata o próximo 21 de decembro, a Fundación Gas Natural Fenosa ofrece a programación «Celebremos la Navidad en el Museo del Gas» (Celebremos o Nadal no Museo do Gas), que está formada por catro talleres de Advento nos que as familias aprenden todo o que é imprescindible para crear o ambiente especial que caracteriza as festas do Nadal. Este ano os asistentes prepararán un boneco de neve e unha coroa de Nadal, aprenderán como se celebran as festas en terras finlandesas e prepararán receitas doces para as datas de celebración. Ata o momento, os talleres de Advento que xa se realizaron recibiron a participación de máis de 100 persoas.

Actividades familiares para unha xornada solidaria

O 14 de decembro, con motivo da celebración da Marató de TV3, o Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa ofrecerá un taller de creación de cartas para os Reis Magos na praza do Gas de 11 a 14 h. Durante a xornada, a Agrupación de Presebistas de Sabadell realizará unha actividade para aprender a preparar beléns que finalizará coa cesión de tres dioramas á Fundación Gas Natural Fenosa, que se poderán visitar no seu vestíbulo ata ao 6 de xaneiro. Durante a xornada, todos os que o desexen poderán visitar as exposicións do Museo do Gas cunha doazón voluntaria que se entregará integramente á Marató de TV3, que este ano solicita fondos económicos para avanzar na investigación das enfermidades do corazón.

Unha oferta de actividades especiais durante as Festas

Do 24 de decembro ao 6 de xaneiro, o Museo do Gas abrirá as súas portas en horario especial, en xornada de portas abertas. As familias con nenos poderán visitar as exposicións do centro cultural da Fundación Gas Natural Fenosa e realizar actividades autoguiadas sobre enerxía, medio ambiente e patrimonio. Os máis pequenos poderán iniciarse na reflexión sobre as enerxías e os retos enerxéticos do futuro a través dunha proposta didáctica que fomenta a interacción e a experimentación dos visitantes.

Por último, os nenos e nenas que durante as Festas se acheguen á praza do Gas, para entregar a súa carta ao Embaixador Real das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, poderán escribir os seus desexos no Recanto dos Soños que se instalará na emblemática fachada da Fundación Gas Natural Fenosa.

Así mesmo, ata o próximo 11 de xaneiro, poderase visitar a exposición temporal «La belleza de la máquina» (La beleza da máquina). Fotografía industrial de Ramon de Baños (1890-1980), que presenta unha selección inédita de fotografías que nos permite redescubrir o patrimonio industrial do país. O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa ofrece visitas comentadas e obradoiros didácticos da exposición, con cita previa.

Durante as Festas de Nadal, o horario de abertura ao público do Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa será o seguinte:

24 de decembro: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
25 de decembro: o Museo do Gas permanecerá pechado
26 de decembro: de 16.00 a 20.00 horas
27, 28, 29, 30 e 31 de decembro, 1, 2, 3 e 4 de xaneiro: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
5 de xaneiro: de 10.00 a 14.00 horas
6 de xaneiro: o Museo do Gas permanecerá pechado

Para máis información, poden consultar o web da Fundación http://www.fundaciongasnaturalfenosa.org

A Fundación Gas Natural Fenosa

A Fundación Gas Natural Fenosa, fundada en 1992 por GAS NATURAL FENOSA, ten como misión a sensibilización e educación ambiental, a promoción do uso responsable da enerxía, así como a promoción de actividades culturais orientadas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector do gas e a electricidade a través do seu Museo do Gas, un museo corporativo pioneiro no seu campo, e do seu Arquivo Histórico, considerado como un dos máis representativos do país. Todo combinado coa edición de publicacións especializadas.

O Museo do Gas é un centro cultural que combina a exposición permanente coa organización de exposicións e conferencias, un programa educativo para escolas, actividades para maiores e pequenos e ciclos de cine e música.

Sabadell, 10 de decembro de 2014