dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Os nosos servizos: máximo confort no teu fogar e no teu negocio

En Gas Natural esforzámonos día a día para facerche a vida máis doada, tanto na casa coma no teu negocio. Por iso ofrecémosche unha ampla gama de servizos que responden ás túas esixencias de rapidez, garantía, calidade e, sobre todo, eficiencia. Para que poidas gozar de toda a comodidade coa máxima tranquilidade.

Os nosos servizos

 

No teu fogar

Porque valoramos a confianza que depositas en nós, non só queremos ofrecerche a subministración de enerxía, senón tamén o coidado do teu fogar, para que goces do máximo confort. Cos nosos servizos, darémosche asistencia urxente en menos de tres horas, para que esteas tranquilo ante calquera avaría. Con Servigas, Servielectric e Servihogar, poderás gozar dun servizo especializado de reparación e de mantemento de incidencias domésticas as 24 horas do día. Ademais, tamén che ofrecemos un plan de pagamentos fixo e financiámosche o 100% da instalación e os equipos para o fogar.

Consulta aquí todos os nosos servizos para o fogar.

 

No teu negocio

En Gas Natural Servizos, por outra parte, estudaremos as necesidades da túa empresa e aplicaremos a solución enerxética máis axeitada, para reducir o consumo de enerxía e contribuír así ao aforro en todas as túas facturas.

Axudámosche a ser máis eficiente: asegurámosche o aprovisionamento continuo de enerxía, proporcionámosche un servizo integral que che permitirá externalizar a central de produción e aforrar, ofrecémosche o gas natural como combustible de automoción limpo e competitivo e elaboraremos unha auditoría enerxética das instalacións do teu negocio para propoñerche un proxecto exclusivo para ti.

Consulta aquí todos os nosos servizos para empresas.