dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Xeración de electricidade

A capacidade de produción de electricidade de Gas Natural Fenosa (15,5 GW) susténtase nun mix de xeración equilibrado, competitivo e respectuoso co medio ambiente, composto principalmente por ciclos combinados de gas natural, as centrais de combustible fósil máis limpas que existen. Ademais, a compañía dispón de centrais nucleares, térmicas de carbón, fuel-gas, hidráulicas e eólicas.

Central de Ciclo Combinado de Palos de la Frontera

A actividade de xeración eléctrica en España inclúe a xeración en réxime ordinario (tecnoloxías de xeración hidráulica, nuclear, carbón, fuel óleo e ciclos combinados de gas) e en réxime especial (actividade eólica, coxeración e fotovoltaica). Para esta última, a compañía conta coa empresa filial Gas Natural Fenosa Renovables.

Central nuclear de Trillo

En España, o parque de xeración é de case 13 GW, dos cales 7 GW corresponden a ciclos combinados de gas natural, 2 GW son hidráulicas, 2,1 GW son térmicas de carbón e 1,1 GW de renovables. Este "mix" compleméntase con enerxía nuclear.
 

No resto do mundo, somos operadores en México, con 2,1 GW de potencia instalada en ciclos combinados, e en Porto Rico, Costa Rica, Panamá, República Dominicana e Kenya, con distintas tecnoloxías de xeración.

 

Capacidade instalada por fonte de enerxía e réxime de regulamentación


  Peche 2016
(MW)
Peche 2015
(MW)
Peche 2014
(MW)
Peche 2013
(MW)
Potencia instalada en réxime ordinario. España 11.569 11.624 11.220 11.186
   Hidráulica 1.954 1.954 1.948 1.914
   Nuclear 604 604 604 604
   Carbón 2.010 2.065 2.065 2.065
   Ciclo combinado 7.001 7.001 6.603 6.603
Potencia instalada réxime especial. España 1.147 1.145 902 902
   Eólica 979 977 738 738
   Minihidráulica 110 110 107 107
   Coxeración 58 58 57 57
Potencia instalada total. España 12.716 12.769 12.122 12.088
Potencia instalada réxime ordinario. Internacional 2.702 2.702 2.663 2.429
   Hidráulica 123 123 73 73
   Fuel 310 310 321 321
   Ciclo combinado 2.035 2.035 2.035 2.035
   Eólica 234 234 234 0