dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Distribución de electricidade

A compañía realiza a actividade de distribución eléctrica en España, Moldova e América Latina. Un dos principais negocios de Gas Natural Fenosa é a distribución de electricidade a pequenos usuarios, tanto a consumidores residenciais, coma a pemes e grandes empresas.

Tendido eléctrico

Gas Natural Fenosa é un dos operadores máis eficientes en termos de custos de operación e mantemento do negocio de distribución eléctrica.

A distribución de electricidade en Europa está concentrada en España e Moldavia: somos o terceiro operador español, con preto de 4 millóns de clientes, mentres que en Moldavia somos líderes subministrando electricidade a case 1 millón de clientes, na capital e en distintas zonas do centro e sur do país.
 

Tamén operamos en América latina, onde damos servizo a case 3,6 millóns de clientes en Arxentina, Chile e Panamá.