dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Trading de electricidade

Cunha capacidade de xeración de máis de 12 GW en España, Gas Natural Fenosa conta con grandes activos nos que basear a súa estratexia de trading.

Trading electricidade

 

A empresa é un dos axentes principais do mercado OTC español, onde ofrece unha xestión activa do risco de prezo para os negocios ibéricos. Ademais, tamén coñece os fundamentais que moven o gas e a electricidade, negocia produtos entre commodities, opera en distintos prazos e move volumes significativos a través do mercado OMIP, OTC ou con acordos de compensación nas cámaras de enerxía de OMICLEAR ou MEFF.

Grazas á visión centralizada sobre os mercados e os activos, a mesa de Trading conseguiu expandir a súa actividade por territorio europeo: a empresa participa en poxas de enerxía de diversos países e opera nas interconexións eléctricas europeas, arbitrando entre mercados e prazos e maximizando así o valor do portfolio eléctrico.

Adicionalmente, Gas Natural Fenosa tamén lles ofrece un servizo de valor engadido aos seus clientes e a terceiros que queiran xestionar o seu risco de prezo mediante a contratación de derivados, ofrece produtos a media (prazos e volumes) e cross-commodity (spark, spreads, etc.).
 

Contacto: powertrading@gasnatural.com