dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Aprovisionamento de gas natural

A enerxía percorre un longo camiño dende que o gas natural se extrae dos depósitos ata que chega aos consumidores finais. Gas Natural Fenosa conta con diversos proxectos de exploración, investigación, desenvolvemento, produción e transporte de hidrocarburos en todo o mundo.

Metaneiro Cádiz Knutsen

A actividade de aprovisionamento consiste na compra de gas natural, tanto en estado gasoso coma en forma de gas natural licuado (GNL). No primeiro caso o transporte realízase por gasoduto e, no segundo, por barco. As plantas de regasificación e licuefacción encárganse de pasar dun estado ao outro o gas para facilitar o seu transporte e a súa reintrodución ao sistema gasista. Grazas á xestión de gasodutos, a participación en plantas e a súa frota de metaneiros, a compañía pode cubrir as necesidades dos diferentes negocios do grupo de xeito flexible e diversificado.

Referente mundial en GNL

Planta de regasificación Reganosa

A fiabilidade do sistema vese reforzada coas instalacións de almacenamento, compostas por depósitos subterráneos, que aseguran unha subministración constante de gas natural inalterable ante factores como a estacionalidade ou aumentos puntuais da demanda.

Gas Natural Fenosa dispón dunha carteira de subministración de 30 bcm flexible, diversificada e competitiva. Ten unha infraestrutura de gas única e integrada, na que destaca unha frota de 9 buques metaneiros. A compañía sitúase como un dos maiores operadores de GNL no mundo e un referente na cunca atlántica e mediterránea. Dispón dunha posición de privilexio para desenvolver novos mercados, fundamentalmente na área mediterránea, en América latina e Asia.

A garantía de subministración

Vista nocturna de Damietta

A garantía de ofrecer unha subministración regular de gas e electricidade aos clientes de Gas Natural Fenosa é esencial para prestar un servizo de calidade e para o cumprimento da función social da compañía.

Gas Natural Fenosa dispón dunha carteira de aprovisionamentos de gas equilibrada, cun peso próximo ao 36% en forma de gas natural, que achegan unha gran flexibilidade dende o punto de vista de volume, e o 64% restante en forma de gas natural licuado, subministracións que achegan unha gran flexibilidade dende o punto de vista do destino onde se quere posicionar o gas.

Dende o punto de vista da orixe do gas, Gas Natural Fenosa dispón de contratos de aprovisionamento cun gran número de países, entre outros: Alxeria, Qatar, Exipto, Omán, Nixeria, Noruega e Trindade e Tobago e asináronse outros acordos internacionais para engadir á carteira de aprovisionamento de gas, aproximadamente, 11 bcm provenientes de dous proxectos en Estados Unidos (Cheniere: Sabine Pass e Corpus Christi); do proxecto Yamal LNG, en Rusia; e do proxecto Shah Deniz II, en Acerbaixán. Así mesmo, a compañía articula a súa relación cos subministradores sobre contratos estables e de longo prazo.

Por outra banda, para facer fronte a variacións de curto prazo da demanda ou incidentes na oferta, Gas Natural Fenosa dispón de contratos para o uso de almacenamentos subterráneos na maioría dos países onde opera. Adicionalmente no caso de España, Gas Natural Fenosa é unha empresa activa no desenvolvemento de almacenamentos subterráneos, no que ten en operación o almacenamento subterráneo de marismas.

A gran flexibilidade que achega a carteira de aprovisionamentos de gas e carbón permite que as plantas de ciclo combinado de gas e, en menor medida, as plantas térmicas de carbón sirvan de back-up das enerxías renovables non xestionables, polo que achegan seguridade de subministración ao sistema nacional.