dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Comercialización de gas natural

Gas Natural Fenosa actúa como comercializadora de gas, tanto en España coma no mercado internacional, e doutros produtos e servizos relacionados coa comercialización minorista en España.

Comercialización de gas natural

 

A comercialización de Gas Natural Fenosa no mercado liberalizado de gas en España foi de 179.217 GWh en 2012, grazas á ampla carteira de clientes da compañía.
 

Co obxecto de garantir as súas exportacións de gas con orixe en España e destino Portugal, Gas Natural Fenosa emprega as entradas dos gasodutos Campomaior (sueste) e Valença do Minho (norte).
 

Gas Natural Europe, filial de comercialización en Europa, conta actualmente en Francia con 2.566 puntos de subministración de clientes de diversos ámbitos, que equivale a unha carteira de 14,1 TWh. A filial dispón de 465 puntos de subministración en Bélxica e Luxemburgo, que representan unha carteira contratada de 4,9 TWh anuais.
 

A compañía está a estudar entrar, a curto prazo, noutros mercados centroeuropeos baseando os seus servizos nunha relación de asesoramento enerxético personalizado e á vantaxe de contar cunha subministración enerxética diversificada e segura. Así mesmo, dende a sede de París coordínase a reactivación da actividade almacenista de gas en Italia, onde a empresa ten unha carteira contratada de 2.645 GWh ao ano, e tamén lles subministra enerxía aos clientes residenciais na actividade minorista da filial Gas Natural Vendita.
 

En Portugal, Gas Natural Fenosa confírmase como primeiro operador independente de gas natural neste mercado, onde a compañía tamén participa de forma activa no proceso liderado polo grupo ERGEG para desenvolver as infraestruturas que permitan un aumento considerable da interconexión de España-Francia.
 

Así mesmo, Gas Natural Fenosa consolida a súa presenza no mercado internacional a través da operación en novos mercados. Neste sentido e no ámbito de trading de gas, Gas Natural Fenosa é a primeira empresa española que entra a formar parte do hub gasista belga de Zeebrugge.

 

Servizos engadidos

Servizos engadidos

No ámbito da eficiencia enerxética nos mercados residencial, terciario e industrial, Gas Natural Fenosa continúa traballando no desenvolvemento de solucións e servizos enerxéticos de valor engadido, participando activamente na promoción da eficiencia e o aforro enerxético, de acordo coas políticas enerxéticas de promoción da eficiencia e o aforro.
 

A empresa supera a cifra de 1,88 millóns de contratos de mantemento de instalacións e aparatos de gas para os clientes domésticos, e conta cunha plataforma propia de operacións con máis de 164 empresas asociadas e conectadas mediante un sistema de mobilidade online, que permitiu incrementar as prestacións e calidade deste servizo, chegando a ser o servizo da compañía mellor valorado polos nosos clientes.
 

Gas Natural Fenosa continúa apostando pola incorporación de funcionalidades e de usuarios na súa oficina virtual, que acadou os 3,8 millóns de transaccións por esta canle. O número de clientes con factura online contratada supera xa os 415.000.