dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Fundación Gas Natural Fenosa: educación e sensibilización en ambiente

Fundación Gas Natural Fenosa

Porque os nenos de hoxe serán os consumidores de mañá e porque o desenvolvemento tecnolóxico non serve de nada se non se acompaña dun uso responsable da enerxía, é esencial investir na adquisición e no mantemento de hábitos sostibles, xa dende pequenos. A Fundación Gas Natural Fenosa, ao longo destes últimos anos, converteuse nunha importante plataforma de sensibilización e educación en ambiente e de promoción dos valores culturais.

As principais actividades da Fundación desenvólvense en catro liñas conceptuais:

  • Enerxía e Ambiente: A finalidade das nosas actividades de ambiente, sexan seminarios, investigacións ou publicacións, é sensibilizar sobre as oportunidades e os problemas xerados pola enerxía e o seu impacto no ambiente.
  • Internacional: Temos presenza en Arxentina, Brasil, Colombia, México, Alxeria, Marrocos, Italia e Portugal. En cada país adecuamos as actividades a temas distintos que se centran na propia dinámica de cada zona xeográfica.
  • Centro de Formación da Enerxía: Dedicado á formación de profesionais para a industria do gas e da electricidade, conta cuns 3.000 alumnos de media e está presente nunhas 25 cidades de España, ademais de en Arxentina, Colombia, México e Portugal.
  • Patrimonio histórico: Co obxectivo de preservar o acervo cultural e histórico dunha sociedade creada en 1843, dende o Centro de Historia do Gas realizamos diversas investigacións e publicacións. Ademais, contamos co Museo do Gas, único na súa categoría, o cal alberga o Arquivo Histórico da Fundación que, con máis de 3.000 metros de estante, representa un dos arquivos de empresa máis significativos do país.

O Museo do Gas

O edificio modernista "La Energía", en Sabadell (Barcelona) acolle a Fundación Gas Natural Fenosa e o Museo do Gas, que ten como principais obxectivos preservar, conservar e difundir o patrimonio histórico do gas e a electricidade, así como explorar o futuro de novas enerxías e a súa interacción co ambiente.
 

A exposición permanente do Museo mostra a evolución da industria do gas e da electricidade nos séculos XIX e XX e reflexiona sobre o presente e o futuro enerxético e a súa interacción co ambiente.