dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Comprometidos coa educación

Unha das principais actividades de patrocinio que desenvolve Gas Natural Fenosa baséase no apoio á educación, á formación e ao desenvolvemento tanto dentro coma fóra de España.

Comprometidos coa educación

 

As actividades educativas para mozos continúan sendo unha das principais liñas de actividade da empresa, sobre todo as relacionadas co bo uso da enerxía e o desenvolvemento sostible.

En España

O apoio á educación, á formación profesional e á actividade universitaria destacan entre as principais liñas de acción e de patrocinio da compañía. Co fin de contribuír positivamente á formación dos futuros profesionais, Gas Natural Fenosa destina importantes recursos ao financiamento de distintas fundacións universitarias españolas e a bolsas de estudos de posgrao.
 

Durante 2012, destacaron as conferencias "a enerxía, o medio e ti," ás que asistiron un total de 98.306 alumnos españois. Así mesmo, a compañía desenvolveu numerosas actividades de colaboración, participación ou patrocinio de diferentes entidades educativas en España, Italia e algúns países de Latinoamérica. 

No mundo

Tamén fóra de España, Gas Natural Fenosa contribúe ao desenvolvemento da educación dos países nos que ten presenza. Nese sentido, en Moldova, por exemplo, a compañía colabora coa Facultade de Xornalismo e Ciencias da Comunicación para a celebración dos premios anuais Creanga de aur.
 

En Colombia destaca o apoio á Fundación Empresarios por la Educación e a El Centro Interactivo Maloka, unha entidade orientada a crear espazos de aprendizaxe para nenos provenientes de zonas vulnerables. En Panamá, colabora co Ministerio de Educación e coa Asociación de Pais de Familia do Colexio San Agustín, e en Brasil, destaca o apoio ao Instituto Cidade Viva na celebración do Premio Rio Socio Cultural, e a RioSolidário-Obra social de Río de Xaneiro.
 

Tamén lle pode interesar: