dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Acción social

Máis alá da súa actividade enerxética, Gas Natural Fenosa mantén un compromiso social nas comunidades nas que opera e contribúe activamente ao seu desenvolvemento e progreso.

Acción social e axuda ao desenvolvemento

Gas Natural Fenosa considera que as súas actividades de investimento social deben atender as problemáticas sociais presentes nas zonas e nos países nos que desenvolve a súa actividade. Con este obxectivo, colabora con diversas entidades sen ánimo de lucro en España e tamén contribúe ao desenvolvemento dos países menos desenvolvidos de Latinoamérica.

En España

En España, Gas Natural Fenosa impulsa e apoia proxectos orientados a paliar problemas causados pola exclusión social, así como integrar os colectivos sociais máis vulnerables.
 

Unha mostra diso é a colaboración coa Federación Española do Banco de Alimentos, unha institución que coordina as actividades dos 50 bancos de alimentos que actualmente existen en España. En 2011, Gas Natural Fenosa doou a cantidade económica que destinaba anualmente ás felicitacións de Nadal a esta organización.
 

No mundo

Unha alta porcentaxe do investimento social de GNF destínase a programas internacionais, é dicir, as rexións nas que opera a compañía e que contan con menos recursos. Todas estas iniciativas nacen co obxectivo de reducir as desigualdades sociais ou dar resposta a necesidades especiais.
 

En Moldavia, por exemplo, a compañía colabora coa Fundación East Europe na posta en marcha de proxectos sociais, así como con algúns proxectos da Cámara Americana de Comercio, entre os que destaca a escola de inglés para mozos con discapacidade visual.
 

Paralelamente, en 2011 nace o Centro Operativo Integrado de Latinoamérica de Xestión de Proxectos de Acción Social de Gas Natural Fenosa, un centro de excelencia operativa que ten por funcións:
 

  1. Deseñar programas adaptados á cultura da rexión, ás necesidades específicas e aos obxectivos de cada proxecto.
  2. Establecer a marca Gas Natural Fenosa como sinónimo de boas prácticas de responsabilidade corporativa.
  3. Deseñar indicadores que permitan medir a eficacia dos programas operativos. 

Entre as actividades sociais desenvolvidas por Gas Natural Fenosa en Latinoamérica destacan a colaboración coa Asociación Civil Gregorio Mendel de Arxentina e a Cruz Vermella Mexicana. Tamén en México, a compañía colabora con La Bolsa de Vida, unha iniciativa orientada á supervivencia en caso de sismo.
 

Tamén lle pode interesar: