dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Promovemos a cutura

O fomento e a promoción da cultura representan unha parte importante das accións de patrocinio e mecenado de Gas Natural Fenosa. O compromiso da empresa coa sociedade e a cultura plásmase nunha forte colaboración cos ciclos musicais, os festivais cinematográficos e as tempadas artísticas. Ademais, a empresa conta con dous museos destinados a fomentar a investigación, o estudo e a divulgación tanto científica coma artística.

Cultura

 

A promoción da cultura musical, teatral e cinematográfica desenvólvese tanto dentro de España como noutros territorios onde opera a compañía.

En España

En territorio español, Gas Natural Fenosa patrocina ciclos e tempadas musicais en diferentes cidades, entre os que destacan a súa colaboración co Gran Teatre del Liceu de Barcelona, o Teatro Real de Madrid e o Teatro de La Mestranza de Sevilla. No ámbito musical, a compañía tamén contribúe á celebración do Festival Internacional de Música e Danza de Granada, o Festival Internacional de la Porta Ferrada (Girona) ou o Festival Internacional de Música Castell de Peralada, entre outros.
 

Finalmente, no campo do cine, Gas Natural Fenosa patrocina 38 salas 3D da rede CINESA e colabora con importantes acontecementos, como o Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges, o Festival Internacional de Cine de Cartexena ou o Festival Cine Aberto de Málaga.
 

No mundo

A presenza de Gas Natural Fenosa no ámbito da cultura expándese polos diferentes territorios nos que opera como empresa enerxética. En Italia, por exemplo, colabora nas actividades desenvolvidas pola Fundación Lirico Sinfónica Petruzzeli e Tiatri di Bari.
 

En Latinoamérica, destaca o apoio ao Fondo de Bolsas do Collegium Musicum e aos ciclos de concertos da Cámara Española de Comercio en Arxentina. En Colombia, colabora coa Fundación Teatro Nacional e coa Fundación Armonía na celebración do Festival de Ruitoqueño de Música Colombiana. En Nicaragua, protexe a Asociación Nacional de Artistas na divulgación e organización das súas actividades, mentres que, en Brasil, participa no Festival Vale do Café e no Festival Internacional de Cine de Paraty.
 

O noso patrocinio en

Cine

Patrocinamos el cine

Gas Natural Fenosa desenvolve a súa liña de promoción da cultura cinematográfica co patrocinio de 44 salas de cine da rede CINESA e a presenza en importantes festivais.

Art i música

Patrocinio en arte y música

Gas Natural Fenosa patrocina os ciclos musicais e tempadas artísticas de diferentes institucións en todo o territorio.

Museos

Nuestros museos

Gas Natural Fenosa conta con dous museos que pon ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento co firme propósito de axudar á investigación, o estudo e a divulgación tanto científica coma artística.