dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Somos experiencia

Un dos principais atributos que definen a Gas Natural Fenosa é a súa experiencia. Porque somos expertos en enerxía, en solucións que se adaptan ás túas necesidades... e ao teu peto. En Gas Natural Fenosa traballamos a diario para ser cada vez mellores no noso servizo á cidadanía e o respecto ao medio. Á vangarda da tecnoloxía e con case 170 anos de historia, fomos pioneiros daquela... e o somos agora.

Pioneiros... onte

Fábrica da Barceloneta

Gas Natural Fenosa estivo á vangarda da tecnoloxía ao longo de toda a súa historia prestando servizos á sociedade mediante a implantación das tecnoloxías máis avanzadas de cada momento histórico.

A nosa compañía naceu en 1843 coa creación da Sociedad Catalana para el Alumbrado por Gas e creou a primeira fábrica de gas e distribución pública de España, que permitiu a primeira iluminación de gas ás rúas e espazos públicos de Barcelona. Este servizo de iluminación por gas foi en Barcelona o primeiro servizo público, e chegou 25 anos á cidade condal antes que a distribución de auga.

 

Durante os 170 anos transcorridos dende entón, incrementamos o noso tamaño grazas a un importante crecemento orgánico e ás fusións con outras empresas, todas elas centradas en ofrecerlles aos cidadáns servizos esenciais capaces de transformar e mellorar as súas vidas.

Ao longo da nosa historia, fomos pioneiros en España en distintos momentos e en diferentes sectores de actividade. Por exemplo:

  • A mediados do século XIX, introducimos o gas manufacturado no sistema enerxético e en 1969 revolucionamos o sector co gas natural.
  • Na década dos '60, construímos a primeira central nuclear española (a Central Nuclear de José Cabrera, en Guadalaxara).
  • Na década dos '90, construímos en Toledo a primeira central solar fotovoltaica maior de 1 MW de Europa.

Pioneiros... hoxe

Edificio Gas Natural Fenosa en Barcelona

En 2009, Gas Natural, coa adquisición de Unión Fenosa, logrou un obxectivo estratéxico que marcou un fito no mercado: crear o primeiro grupo integrado de gas e electricidade de España. Un grupo con longa experiencia no sector enerxético e capaz de competir de forma eficiente nuns mercados sometidos a un proceso de constante integración, globalización e aumento da competencia.

Tras máis dun século e medio de historia, hai algo que permanece intacto: o noso espírito innovador, que segue sendo o motor da nosa actividade e o exemplo máis claro do noso compromiso no desenvolvemento da tecnoloxía enerxética tanto a nivel nacional como internacional.


Mostra diso é que, xa entrado o s.XXI, fomos os primeiros en xerar electricidade con ciclos combinados de gas natural, que se caracterizan por ser a enerxía térmica de orixe fósil máis limpa.

Unha iniciativa á que se suman un bo número de proxectos que se enmarcan en liñas de actuación clave para os cidadáns como a eficiencia enerxética, a mobilidade sostible, o tratamento do CO2 ou a implantación de contadores e redes intelixentes.
Visita a nosa sección de Innovación e futuro para estar ao día dos nosos proxectos e actuacións.

 

Gas + Electricidade

A empresa actual, Gas Natural Fenosa, é froito da fusión de Gas Natural e de Unión Fenosa, dúas compañías enerxéticas españolas que procedían, á súa vez, de senllas fusións e que, a finais do século XX, se converteran nun referente dentro do mapa enerxético do país.

Gas Natural naceu en 1991, tras a unión de Catalana de Gas, Gas Madrid e os activos de gas canalizado de Repsol Butano; e Unión Fenosa creouse en 1982, coa fusión de Unión Eléctrica e Fuerzas Eléctricas del Noroeste. Ambas as dúas compañías consolidaron a súa expansión en todo o territorio español e impulsaron o seu crecemento internacional, centrado fundamentalmente en América Latina.