dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Somos eficiencia

Somos eficiencia

 

Conseguir máis con menos. O éxito de calquera empresa depende en boa medida da eficiencia, por iso é imprescindible traballala ao máximo dende todas as actividades da organización.

Unha empresa, organización, produto ou persoa é eficiente cando é capaz de acadar os resultados desexados mediante un uso óptimo dos recursos dispoñibles, xa sexan humanos, financeiros, físicos, tecnolóxicos....

Polo tanto, falamos de eficiencia cando se utilizan menos recursos para lograr un mesmo obxectivo ou ben cando se logran máis obxectivos cos mesmos recursos.
 

Sabías que...?

 

En Gas Natural Fenosa queremos ser eficientes en cada unha das actividades que nos definen e configuran a nosa cadea de valor. Por este motivo, traballamos a eficiencia en todos os procesos... co ánimo de crear valor engadido para o cliente final e lograr a súa satisfacción con produtos e servizos de máxima calidade.

Respectar o medio, ter unha frota de buques modernos, atender con rapidez a reparación dunha avaría, realizar con precisión a lectura de contadores, promover o desenvolvemento profesional dos nosos empregados... En definitiva, ser eficiente en todo o noso quefacer diario é o noso leitmotiv... e o noso diferencial no mercado.

Coñece o Plan de Mellora de Eficiencia

Coñece o plan de Mellora de Eficiencia

 

 

 

En Gas Natural Fenosa contamos cun Plan de Mellora de Eficiencia para promover a transformación dos procesos de negocio e das funcións corporativas e aumentar así a satisfacción dos clientes actuais.