dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Somos eficientes na relación cos provedores

A relación cos provedores

 

Co fin de mellorar a calidade, optimizar os custos e aumentar a produtividade, en Gas Natural Fenosa tamén nos preocupamos pola eficiencia dos nosos provedores. Por iso:

  • Establecemos relacións duradeiras. Mantemos tratos comerciais de confianza e a longo prazo que garanten a calidade do servizo ofrecido ao cliente.
  • Favorecemos os contratos locais. Promovemos a contratación de provedores locais co fin de contribuír ao desenvolvemento das comunidades e dos países en que operamos.
  • Damos valor a través da formación. A través do Centro de Formación da Enerxía, desenvolvemos cursos para provedores, contratistas e empresas colaboradoras. Este investimento en formación deriva nun mellor servizo ao cliente final e nunha redución de custos para a compañía.
  • Levamos a cabo un control da súa evolución. Co ánimo de detectar as ineficiencias e resolvelas de forma conxunta, medimos o nivel de satisfacción das nosas unidades de negocio con respecto aos seus provedores. Esta ferramenta inclúe aspectos legais, de calidade, ambientais e de responsabilidade corporativa, como son a subscrición do Pacto Mundial das Nacións Unidas ou a aplicación de políticas relacionadas coa sostibilidade.
  • Esiximos responsabilidade ambiental. Os nosos compromisos ambientais non só teñen un alcance interno. A maioría dos nosos contratistas e provedores adheríronse voluntariamente ás boas prácticas de actuación ambiental de Gas Natural Fenosa. Por exemplo, nos cuestionarios de avaliación inicial enviados aos provedores, solicítaselles información sobre as súas emisións de gases de efecto invernadoiro.

 

O dato!