dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Somos eficientes no uso dos recursos naturais e enerxéticos

Os recursos naturais e enerxéticos

 

O principal reto das compañías do sector consiste en satisfacer a crecente demanda enerxética do planeta sen comprometer os recursos e posibilidades das futuras xeracións. Neste sentido, Gas Natural Fenosa contribúe a un desenvolvemento sostible. Por iso:

  • Subministramos enerxía baixo criterios de sostibilidade. Somos líderes en eficiencia enerxética en España e un referente a nivel internacional. Para nós, a eficiencia é a principal ferramenta para garantir a subministración eléctrica, incrementar a nosa competitividade e mellorar a sostibilidade ambiental.
  • Apostamos polo desenvolvemento de novas tecnoloxías. No ámbito da I+D+i, en Gas Natural Fenosa apostamos polo desenvolvemento de tecnoloxías que configurasen o futuro enerxético baseado en solucións de eficiencia enerxética ou no desenvolvemento de redes intelixentes.
  • Promovemos actividades relacionadas co aforro enerxético. Impulsamos as actividades relacionadas co aforro enerxético en tecnoloxías de iluminación, a xestión de xeración renovable de pequena potencia e a domótica.
  • Velamos pola seguridade industrial e empregamos as mellores tecnoloxías. Aplicamos severos controis de seguridade e traballamos de forma continua na prevención dos impactos e a redución dos contaminantes. E facémolo mellorando a eficiencia dos procesos, instalando equipos de alto rendemento e empregando as mellores tecnoloxías dispoñibles.
  • Xestionamos os recursos naturais. O parque de xeración de enerxía da compañía, dunha elevada diversificación e eficiencia, permite xestionar de xeito competitivo os recursos naturais dos que dispón.
  • Aproveitamos o rendemento enerxético do gas natural. A xeración de enerxía a partir de gas natural, a fonte fósil cun menor contido en carbono, constitúe o 71% da electricidade producida pola compañía.
  • Apostamos polas enerxías renovables. As enerxías renovables desempeñan un papel cada vez máis relevante na produción de enerxía da compañía. Dende Gas Natural Fenosa esforzámonos en abaratar o custo destas enerxías e comprometémonos a ampliar a súa aplicación a través dunha carteira máis extensa. Merecen especial mención o desenvolvemento de novas técnicas de captación solar e almacenamento de enerxía solar en forma de calor sensible, así como o desenvolvemento de novas tecnoloxías en relación coa biomasa e os novos cultivos enerxéticos.
     

En 2012, Gas Natural Fenosa evitou a emisión de máis de 15,8 millóns de toneladas de CO2