dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Somos eficientes en todos os procesos da compañía

Os procesos da compañía

 

Co obxectivo de avanzar cara á excelencia e manter a nosa posición competitiva e de liderado no mercado, en Gas Natural Fenosa buscamos a eficiencia en cada un dos procesos de negocio, procesos estratéxicos e procesos de soporte que definen a nosa actividade.

Por este motivo, e tanto a nivel estratéxico e operativo, a eficiencia é a nosa razón de ser, o leitmotiv que define e vehicula cada unha das nosas actividades...

Neste sentido, buscamos a excelencia en todos os procesos que definen a nosa cadea de valor:
 

Procesos de negocio

Traballamos para ser eficientes en:

  • A exploración e produción de depósitos de gas
  • O aprovisionamento e transporte, que inclúe a compra de combustibles, a operación en infraestruturas ou os procesos de licuefacción, transporte e regasificación.
  • A xestión da enerxía, entendendo como tal a xestión integrada da oferta e demanda de gas e electricidade.
  • A xeración, que ten en conta a planificación, construción, xestión e explotación das Centrais de Xeración Eléctrica.
  • A distribución, mediante a cal planificamos, desenvolvemos e explotamos a rede distribuidora garantindo o servizo de acceso á rede de terceiros.
  • A comercialización de gas e electricidade, que levamos a cabo tanto nos mercados minorista como almacenista.
  • O servizo ao cliente, que inclúe tanto o servizo de atención ao cliente, coma a facturación e cobramento dos servizos, o servizo de posvenda ou a resolución de solicitudes e reclamacións.

 

Procesos estratéxicos

Traballamos para ser eficientes en:

  • A definición e xestión da estratexia do grupo
  • A xestión do desenvolvemento corporativo, mediante a identificación e o incentivo de oportunidades que acheguen valor e opcións de crecemento.
  • A xestión da planificación, que afecta tanto a políticas xerais coma a plans de negocio.
  • A xestión do control interno, que implica que revisemos continuamente o sistema para asegurar que se cumpren os procedementos e estándares de calidade do grupo.
  • A xestión da regulación, permítenos deseñar o posicionamento regulatorio do Grupo, así como analizar e definir propostas en materia de regulación e comunicar internamente cos Negocios
  • A xestión da calidade e o ambiente, que planificamos, realizamos e seguimos polo miúdo en todas as nosas actividades. 

 

Procesos de soporte

Traballamos para ser eficientes en:

  • A xestión dos recursos humanos, o que nos permite sacar o máximo partido ás competencias de cada traballador e darlle maiores oportunidades profesionais.
  • A xestión dos recursos económico-financeiros, que afecta tanto ao deseño das políticas xerais como ao deseño e seguimento e control do orzamento das unidades ou o control de riscos.
  • A xestión dos recursos físicos, é dicir, as compras e a loxística do grupo, os servizos xerais, o mantemento de inmobles e instalacións ou a seguridade industrial, patrimonial e persoal.
  • A xestión da tecnoloxía, a enxeñaría e os sistemas de información. O noso obxectivo é implantar solucións tecnolóxicas innovadoras que aseguren a eficiencia operativa, representen unha vantaxe competitiva e promovan a excelencia e seguridade dos procesos.
  • A xestión xurídica, que implica a xestión dos asuntos de natureza mercantil, civil, penal, administrativa e contenciosa.
  • A comunicación externa e interna, que inclúe o deseño das políticas de identidade, marca e mercadotecnia corporativas, as relacións institucionais públicas ou con medios de comunicación e a promoción da reputación, imaxe e posicionamento do grupo.
Importante