dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Coñece o plan de Mellora de Eficiencia

Plan de Mellora de Eficiencia

 

A inicios de 2012, Gas Natural Fenosa puxo en marcha o Plan de Mellora de Eficiencia coa intención de promover a transformación dos procesos de negocio e das funcións corporativas para aumentar a satisfacción dos clientes actuais e poder incrementalos. Enfocado a proxectos transversais, nos que participan varias áreas de diferentes dirección xerais, trátase dun plan global que estará vixente ata 2014.

O plan iniciou a súa andaina cunha análise polo miúdo de cada área que permitiu identificar e valorar en termos de mellora operativa diferentes iniciativas. Esta valoración completouse establecendo indicadores e parámetros de rendemento obxectivo que permitirán obxectivar o grao de consecución e impacto económico e, ademais, achegar as ferramentas e metodoloxías necesarias para que se poidan alcanzar os obxectivos establecidos para cada proxecto.

O Plan de Mellora de Eficiencia baséase en catro eixes: 

  • Automatizar as operacións... dende provedor a cliente.
  • Orientarse ao cliente... utilizando ferramentas que permitan estruturar os procesos dende o seu punto de vista.
  • Optimizar a corporación... mediante procesos de apoio que promovan a eficiencia
  • Implantar procesos online e de mobilidade... que permitan axilizar os procesos e minimizar erros.

 

Plan de Mellora de Eficiencia