dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Dow Jones Sustainability Indexes

Gas Natural Fenosa está presente no índice Dow Jones Sustainability Index (DJSI) de forma ininterrompida nos últimos 14 anos, índice de sustentabilidade do que só forman parte un reducido grupo de empresas que teñen un excelente comportamento ambiental, social e ético.

Dow Jones Sustainability Index

En 2017, Gas Natural Fenosa continúa a ser incluída no prestixioso Dow Jones Sustainability Index (DJSI). Este índice de referencia global avalía as dimensións económica, medioambiental e social das compañías para medir o seu desenvolvemento sustentable.

A empresa conseguiu unha valoración global de 86 puntos sobre 100 e alcanzou o liderado do sector Gas utilities. Os criterios de avaliación onde obtivo a máxima puntuación dentro do seu sector son:

Dimensión económica: códigos de conduta; seguridade da información e ciberseguridade; xestión da innovación; oportunidades de mercado; xestión responsable da cadea de subministración.

•Dimensión medioambiental: estratexia climática; reporte medioambiental.

Dimensión social: cidadanía corporativa e filantropía; desenvolvemento do capital humano; dereitos humanos; reporte social; atracción e retención do talento

A compañía mantense por décimo terceiro ano consecutivo no índice DJSI World, o que supón todo un logro atendendo ao continuo incremento nos niveis de esixencia do índice. Así mesmo, e unha vez máis, a nosa compañía foi seleccionada para a variante europea do índice, o DJSI Europe.

Enlaces relacionados