dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Carbon Disclosure Project

Gas Natural Fenosa é a compañía de servizos enerxéticos mellor valorada do mundo, e ocupa a terceira posición xunto con outros dous grupos industriais na clasificación global deste ano, segundo o Informe Carbon Disclosure Project (CDP Global 500) correspondente a 2012.

Carbon Disclosure Project

Os dous principais parámetros que mide este estudo son a transparencia, a través do Índice Carbon Disclousure Leadership Index (CDLI), e a estratexia das compañías en materia de cambio climático e redución de emisións, a través do Carbon Performance Leadership Index (CPLI). Gas Natural Fenosa lidera ambas as dúas clasificacións a nivel mundial.
 

O resultado dos índices demostra o compromiso de Gas Natural Fenosa co medio, destacando o enfoque estratéxico e a responsabilidade da compañía en todo o relacionado co cambio climático: a capacidade de medición e xestión da pegada de carbono e as súas prácticas de transparencia á hora de informar aos diferentes grupos de interese da empresa. Tamén destaca a existencia dunha verificación externa dos datos relacionados con cambio climático e a publicación desta información nas súas comunicacións externas.
 

O Carbon Disclosure Project (CDP) é unha organización independente sen ánimo de lucro que nace dunha iniciativa do sector financeiro, que busca obter información por parte das empresas para tomar mellores decisións de investimento incorporando o cambio climático como un factor estratéxico.
 

O informe representa 655 investidores institucionais con máis de 78 billóns de euros en activos e recoñece as medidas que as distintas empresas participantes toman para reducir as emisións e mitigar os riscos do cambio climático.
 

A información recollida polo CDP ponse a disposición dos investidores que avalan o proxecto para que a poidan utilizar e tomar mellores decisións de investimento.