Asesoramento e xestión personalizada

Dedicamos toda a nosa enerxía en ofrecerche o mellor servizo e a máxima calidade. Personalizamos a mellor oferta de enerxía para as necesidades da túa empresa.
  • Xestor personalizado

    Un especialista para realizar todas as xestións relacionadas co teu contrato de gas ou electricidade, asesorándote na mellor oferta para as necesidades da túa empresa, coordinando  a xestión para a posta en marcha das instalacións e informándote sobre cambios regulatorios e de mercado.

    O teu xestor manterache puntualmente informado e xestionará a resolución de posibles incidencias de facturación, reclamacións e datos de consumo.
  • Asesoramento en optimización do consumo enerxético

    En Naturgy ofrecémosche a oferta máis personalizada a cada punto de subministración, así como información sobre as modificacións técnicas que sexa preciso adoptar para que as instalacións se axusten á normativa vixente ou contribúan a un maior aforro enerxético.

A nosa proposta de valor

É a orientación ao cliente. Buscamos a máxima calidade de servizo mediante a flexibilidade na oferta económica de gas e electricidade e a innovación permanente de servizos.

Actividade comercial

A nosa capacidade de liderado débese tanto á rede comercial implantada en España e Portugal, con atención diferenciada e personalizada para cada tipo de cliente, como á proposta de valor integrada de electricidade, gas e outros servizos, que garanten solucións enerxéticas adecuadas ás necesidades de cada cliente.

Encabezamos en número de clientes e vendas o mercado liberalizado de gas e electricidade en España, con máis de 214.000 GWh subministrados.
 

Contamos con máis de cen anos de experiencia e o mellor equipo de profesionais para o deseño e implantación de solucións orientadas á rendibilidade do cliente.
Chámanos e axudarémosche
Contacta connosco

Atención ao cliente

 Grandes Clientes

902 152 514

 Solucións enerxéticas

900 40 20 20

 Mediante formulario, escríbenos aquí   

Urxencias

 Urxencias de gas (Nedgia)

902 152 514

 Urxencias eléctricas (UFD)

900 333 999