Instalación de gas e electricidade

Consellos de seguridade para a túa empresa

 

900 100 251
Teléfono gratuíto de urxencias

Como manter a instalación de gas e electricidade en bo estado.

Coñecer e comprender os riscos asociados ás instalacións de gas e electricidade  fará do ámbito laboral un sitio seguro e confortable. Para eliminar fontes de risco, abonda con aplicar a normativa vixente e seguir un conxunto de boas prácticas.


Consellos de seguridade para instalacións de gas

Mantemento.
As instalacións de gas deben manterse en bo estado mediante inspeccións periódicas.
Ventilación.
As redes de ventilación e as saídas de gas non deben obstruírse baixo ningún concepto.
Prevención.
As chaves de paso deben pecharse en ausencias prolongadas para evitar accidentes.
Garantía.
A instalación só pode ser modificada por unha empresa autorizada.

Consellos de seguridade para instalacións eléctricas

En caso de incidencia, debe cortarse a electricidade da empresa.

  • Darte de alta
    Comprobacións
    • É aconsellable que o interruptor xeral e o cadro de mandos se sitúen en puntos de doado acceso.

    • A tensión dos electrodomésticos e dispositivos informáticos ha de ser a axeitada.

    • É conveniente que as luces estean lonxe de paredes e cortinas.

    • O diferencial debe funcionar correctamente. Pola contra, é necesario poñerse en contacto cun instalador electricista autorizado.

  • Darte de alta
    Manipulación
    • Manipulación de electrodomésticos ou dispositivos informáticos: de manipular equipos eléctricos, é necesario apagalos primeiro e logo desenchufalos tirando da caravilla illante, nunca do cable.

    • Manipulación de interruptores automáticos: é aconsellable non manipular os interruptores automáticos para que funcionen libremente en caso de fallo na instalación.

    • Manipulación de conexións múltiples: sempre debe usarse un enchufe para cada receptor co fin de evitar sobrequentamento.

  • Darte de alta
    Precaucións
    • Os aparatos con cables pelados, caravillas rotas ou enchufes deteriorados non deben usarse.

    • Se un dispositivo dá cambra, bota fume ou desprende un cheiro raro, chama un técnico especialista.

    • As pantallas e os percorridos de cable non deben colocarse xunto a focos de calor.

    • Evita que o persoal da empresa toque os equipos eléctricos coas mans ou os pés mollados.


En caso de urxencia, chama o noso teléfono gratuíto
Acudiremos rapidamente a inspeccionar a túa instalación.
 

Todo o que necesitas saber 
Emerxencias                                                                                                                                                

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.