Vehículos a gas natural

Vehículos a gas natural

 

Coches a gas natural, a alternativa real, máis económica e ecolóxicamente responsable.

Descobre as vantaxes da tarxeta de reposición gratuíta de Naturgy
Ademais, movéndote con gas natural minimizas as túas emisións e optimizas o teu gasto de combustible grazas ás vantaxes da tarxeta de recarga gratuíta de Naturgy.
 
 
  
Descontos e vantaxes especiais
  
Factura mensual
co detalle das túas recargas. 




 

App Naturgy Vehicular

para localizar estacións, consultar recargas, etc.   
Descarga a App
 
Condicións especiais
para frotas de vehículos profesionais.

Vehículos a gas natural

O gas natural para vehículos, tamén denominado GNV (Gas Natural Vehicular), constitúe unha alternativa máis económica e sostible aos combustibles tradicionais.

Trátase do mesmo gas natural que se emprega na calefacción ou a auga quente, pero nunhas condicións especiais de presión e temperatura (gas natural comprimido, GNC) que permite a carga en vehículos.

Solicita máis información chamando o 900 40 20 20

Descubre o gas natural como combustible para vehículos
Vehículo ico
Consulta o noso catálogo de vehículos a gas natural
 

Deseño, execución e operación de estacións de gas natural para grandes frotas, sen investimento inicial para o cliente.

Saber máis 


Localizador de estacións.

 
Encontra a estación de carga máis próxima aquí ou ben na nosa App Naturgy Vehicular.
 
Descarga a App
Úneche á Comunidade de Mobilidade en Linkedin.
Segue á mobilidade intelixente e estarás ao día de todas as novidades.

Preguntas frecuentes

  • Canto podo aforrar co gas natural como combustible?

    Económicos. O custo por quilómetro é un 50% menor que o dun vehículo a gasolina e un 30% menos no caso dos diésel1.

    1 Aforra ata un 50% de combustible circulando en modo gas, en comparación cun motor de gasolina e ata un 32% de combustible circulando en modo gas, en comparación cun motor de gasóleo. Prezos media 2018. Prezo gasolina: 1,29 €/ l. Prezo gasóleo: 1,20€/ l. Prezo  GNC: 0,95 €/kg. Fonte prezos gasolina e gasóleo:  MITECO. Fonte prezo gas natural comprimido:  Naturgy.

  • Que beneficios ambientais supón o gas natural como combustible?

    Ambientais.

    • Emisións case cero de NO, NO2 y material particulado, principais contaminantes atmosféricos nas nosas cidades.
    • Redúcense as emisións de dióxido de carbono (CO2) ata nun 24%2, contribuíndo así a paliar o efecto invernadoiro.
    • Acústicas. Os motores de gas natural producen menos ruído e vibracións que os motores diésel.
     

    2 Redución de emisións respecto ao gasóleo. Fonte CO2: IDAE. Fonte NOX: Greenhouse Gas Intensity from Natural Gas in Transport (elaborado por Thinkstep para Natural & Bio Gas Vehicle Association ( NGVA) Europe) 2017.
     

  • Que beneficios teño coa etiqueta ECO?

    Ademais, poderás beneficiarche das vantaxes dos vehículos con etiqueta ECO da DXT, como descontos en peaxes e aparcadoiros regulados e a posibilidade de circular polo centro das cidades durante episodios de contaminación.

  • Que teño que saber sobre o gas natural como combustible?

    O gas natural para vehículos, tamén denominado  GNV (Gas Natural  Vehicular), constitúe unha alternativa máis económica e sustentable aos combustibles tradicionais.

    Trátase do mesmo gas natural que se emprega na calefacción ou a auga quente, pero nunhas condicións especiais de presión e temperatura (gas natural comprimido,  GNC) que permite a carga en vehículos.

    Os prezos dos vehículos a gas natural non son superiores aos de gasolina ou gasóleo, son moi similares. Ademais, as prestacións do coche e a súa autonomía son iguais. Os vehículos a gas natural contan cun depósito de gasolina, polo que se pode seguir circulando se se acaba o gas natural.

  • A quen van dirixidas?

    O gas natural como combustible xa é unha realidade. Unha alternativa eficiente e economicamente viable.

    Ofrecémosche un servizo integral e personalizado para que accedas ao uso deste tipo de vehículos a gas natural.

    Aforra ata un 50% en comparación co teu coche con combustible tradicional.
     

    estaciones
    Estacións de servizo
    Taxis
    Taxis
    Autónomos
    Autónomos
    Empresas de distribución
    Empresas de transporte e distribución
    Ayuntamientos
    Concellos e empresas de servizos públicos
    Barcos
    Barcos
    maquinaria
    Maquinaria especial
    particulares
    Particulares

  • Como e onde encher?

    Os vehículos a gas natural contan cun dobre depósito de gasolina e gas natural para seguir circulando sen necesidade de parar porque o cambio de combustible faise de forma automática sen cambios na potencia do coche. Non notarás o cambio de combustible. O proceso de reposición é moi similar ao convencional e realízase en poucos minutos. Consulta aquí como cargar un vehículo a gas natural.

    Existen estacións de gas natural distribuídas por toda España e Portugal. En  Naturgy contamos con máis de 30 e cada ano inauguramos máis. Atópaas todas na  app  Naturgy  Vehicular ou entra aquí.

  • Que vehículos existen actualmente no mercado?

    Existe unha extensa gama de turismos e furgonetas propulsados por gas natural comprimido (GNC) das principais marcas. Consulta o noso catálogo de vehículos a gas natural.

  • Teño acceso a axudas e subvencións para a compra e transformación de vehículos a gas natural?

    Existen numerosas axudas e subvencións para a compra e transformación de vehículos a gas natural, así como para a instalación de estacións de recarga de gas natural vehicular, tanto a ámbito nacional como autonómico e municipal. Para máis información, podes consultar a páxina web www.gasnam.es/terrestre/ayudas-y-subvenciones/

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies