Solucións de iluminación

Solucións de iluminación para a túa empresa. 

ata un

70%

de aforro

Inviste na iluminación de alta eficiencia

Substitúe a iluminación do teu negocio por tecnoloxía led e consigue aforrar ata un 70% nas túas iluminación. Iniciaremos un proxecto á medida realizado por expertos en iluminación de alta eficiencia.

Naturgy ofrece proxectos chave en man. Realizamos o estudo das túas instalacións, deseñamos a solución técnica, e renovamos toda a iluminación, incluída a desmontaxe, retirada e reciclaxe dos antigos equipos e a montaxe dos novos.


Beneficios de Ledplus
Goza durante todo o contrato de ofertas de enerxía preferentes*.
 Aforro económico. Dende o primeiro día e coa posibilidade de pagar en cómodos prazos.  


 Aforro enerxético. Dende a primeira factura, nótase o cambio. Aforra ata un 70% no consumo de iluminación.

 Diminución da potencia instalada. Axustaremos a potencia para que o termo fixo da factura diminúa.

 Redución dos custos de mantemento. Reducirás os custos de reposición.

*O servizo vai ligado a un contrato de enerxía.
 Aumento do confort. Mellora o nivel e a calidade da iluminación do teu negocio.

 Instalación doada e rápida. Nin a escaiola nin a pintura se verán afectadas.

 Reciclaxe de todos os equipos. Retíranos empresas autorizadas.

Encontra toda a información
 

Solicita calquera tipo de información relacionada coas soluciones de iluminación para a túa empresa. Estamos á túa disposición. 


Ponte en contacto:

Escríbenos

Para máis información:

    900 402 020

Casos de éxito

 

Poligal, industria situada no Polígono A Gándara en Narón (A Coruña), é un dos principais fabricantes europeos de filme de polipropileno biorientado (BOPP) e polipropileno cast (CPP) desde hai máis de 20 anos. Este ano levou a cabo a renovación da súa iluminación co produto Ledplus de Naturgy que consistiu na substitución de 200 luminarias por tecnoloxía led, o que permitiu unha redución de potencia de 74 kW sobre a instalación orixinal. 

Extrugasa Transformación e Extrusionados Galicia, industria situada en Valga (Pontevedra) onde acolle un total de 80.000 metros cadrados de naves industriais dedicadas ao aluminio en todas as súas variantes, nace a principios dos anos sesenta obtendo unha gran experiencia en todo o proceso de fabricación do perfil de aluminio in situ. O seu interese na mellora e eficiencia enerxética levoulles a substituír 334 unidades de luminarias pola tecnoloxía Ledplus de Naturgy, obtendo así unha redución de potencia de 124 kW sobre a instalación orixinal.

Aserpal, industria situada en Vilasantar, A Coruña. É unha Compañía Española dedicada á fabricación de produtos de madeira, destinados á Industria do Moble, Decoración e Equipamento. Na actualidade o Grupo Losán está composto por dezaoito Empresas, presentes en dez Países, que lles demandan máis de tres mil clientes en todo o mundo. Naturgy, unha vez contratado o seu servizo Ledplus, realizou a substitución de 276 unidades de luminarias a tecnoloxía LED. Obtendo unha redución de potencia de 53 KW sobre a instalación orixinal.

Ademais, o Grupo Losán, especializado na fabricación de taboleiros de madeira, levou a cabo nas instalacións de Industrias Losán en Curtis, a implementación de dúas variadores de frecuencia o que lle permitiu dotar de regulación de velocidade á aspiración da liña de fabricación de rechapado. Con esta medida conseguiuse un aforro enerxético de polo menos un 65% respecto da situación inicial, uns 88.000  kWh anuais.

 
Ver cartel da concesión

Estes proxectos foron desenvolvidos grazas ás subvencións recibidas por Naturgy Servizos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para proxectos de Aforro e Eficiencia na Industria, e cofinanciada pola Unión Europea.

 Ver cartel da concesión

O Grupo Jealsa Rianxeira, integrado actualmente por 26 sociedades agrupadas en catro áreas de actividade, é o primeiro fabricante de conservas de España e segundo de Europa. Naturgy substituíu 1.643 luminarias por tecnoloxía led na súa sede central situada en Boiro, A Coruña, considerada unha de as máis modernas do mundo neste sector. A renovación da iluminación permitiu unha redución do 78% do consumo.

 Ver cartel da concesión
 

O Grupo Frinsa, é un dos maiores fabricantes europeos de túnidos e mariscos en conserva. Substituíu 1.953 luminarias por tecnoloxía led na súa sede central situada en Avenida Ramiro Carregal Rey, 29; Ribeira (A Coruña), considerada unha de as máis modernas do mundo no sector, logrando con iso unha redución de consumo de 78%.


 Ver cartel da concesión

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies