Cociña

Iluminamos o teu espazo



Para levar a cabo os teus mellores pratos, necesitas unha boa iluminación.  

 
As tarefas visuais que se realizan na cociña son diferentes, polo que é importante situar os puntos de luz de maneira que non provoquen sombras sobre os espazos de traballo.


 
"Utiliza unha iluminación xeral e unha concreta nas zonas específicas de traballo da cociña".


A instalación dunha lámpada de teito ou con tubos fluorescentes, que poden ser segmentados en liñas independentes, diminúe o consumo por iluminación.  
TIPS e consellos
para ser eficiente e aforrar na factura

agua caliente
Fluorescentes: consomen moita enerxía ao acenderse, se vas apagalos durante menos de 15 minutos, é mellor mantelos acesos xa que consomen menos que volvelos a acender.

Moitas cociñas teñen fluorescentes así que coidado con "apagar" a luz xa que poderiamos gastar máis.
 




 


___

"Convén que as zonas de traballo estean ben iluminadas."
Como se deben distribuír as lámpadas? 

 Nos mesados, onde se realizan tarefas máis específicas, precísase unha iluminación concentrada e que non cegue.

 Nos armarios altos, coloca tubos fluorescentes que proporcionan unha luz máis concentrada e apta para cociñar, cortar...  

 Na zona de cociñado, utiliza unicamente a luz da campá extractora de fumes.  

 Para iluminar a mesa da cociña, unha boa solución é a colocación dunha lámpada de teito colgada que, ademais, é doadamente lavable. 
 

Que lámpadas son as axeitadas? 

 A iluminación xeral pódese axeitar con tubos fluorescentes T5 de 28 W, que dan a mesma iluminación que os T12, de 40 W.  Se polo tipo de lámpada que vas utilizar non podes usar tubos fluorescentes, opta por lámpadas de baixo consumo, de 15 W ou 20 W, en función do tamaño do cuarto e do número de lámpadas. 

 Na cociña, cando se usa luz fluorescente, recoméndase utilizar lámpadas cunha luz de calidade e un índice de reprodución das cores superior a 80 (Ra> 80), pois non distorsionan as cores dos obxectos nin alimentos. 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies