Consellos de
aforro enerxético



 


Consigue facer un bo
uso da enerxía


Consigue facer un bo uso da enerxía



Dámosche algúns consellos para xestionar de forma eficiente a enerxía do teu fogar e aforrar na túa factura de luz e gas.
 

Sabías que case a metade do gasto enerxético dun fogar en inverno é da calefacción?
 

Aprende a optimizar o gasto enerxético do teu fogar cos nosos consellos eficientes. 
  
TIPS e consellos
para ser eficiente e aforrar na factura

agua caliente
bañera





 

 

Calefacción

 


Regular a temperatura diúrna entre 19 ºC e 21 ºC e  a nocturna entre 15 ºC e 17 ºC. 

Cada grao máis de temperatura supón un incremento de consumo dun 7% aproximadamente.

Evitar perdas de calor baixando as persianas polas noites. O 41 % da enerxía consúmese en calefacción.

Illando ben as ventás. Unha ventá ben illada supón aforrar entre un 20 % e un 30 % en calefacción.



 



 

O 41% da enerxía
consúmese en calefacción.



 


 


O 26% da enerxía
consúmese en auga quente.


  Auga quente


  • Axusta a temperatura da auga quente entre os 30 ºC e os 35 ºC.

  • Instala perlizadores nas billas. Estes inxectarán aire na saída da auga facendo que a sensación de caudal sexa a mesma, o consumo de auga reducirase ata un 60% e o da enerxía para quentala!

     

 

Electrodomésticos



Frigorífico: Para aforrar enerxía, desconxela os alimentos no compartimento refrixerador, xa que o frigorífico aproveitará o frío destes.

Lavadora: Lava con auga fría ou a baixa temperatura 30 ºC. O 80 % da enerxía que consume unha lavadora emprégase en quentar a auga!

Secadora: Antes de usala, centrifuga a roupa ao máximo na lavadora: o centrifugado consume moito menos enerxía que o secado.

Ordenador: Apaga o ordenador se prevés unha ausencia superior a 30 minutos. Se non é posible, polo menos apaga a pantalla, xa que é o compoñente que máis consume.

Televisor: manter a TV, consolas, equipos de música, cargadores etc. acendidos en modo “espera” consume ata un 15% da enerxía que consume ao usalos, así que é importante apagalos de todo.





 
O 12% da enerxía
consúmese en
electrodomésticos.



 
 
 

O 11% da enerxía
consúmese na cociña


  Cociña


  • Utiliza sempre que poidas potas a presión: aforran en tempo e enerxía ata nun 80%.
  • Utiliza a auga estritamente necesaria para cociñar, xa que canta máis auga, máis calor necesitarás para quentala.

  • Usa recipientes con fondo difusor lixeiramente superior á zona de emisión.

  • Abre o forno só se é necesario: cada vez que o abres, perdes un 25% de enerxía acumulada.

  • Utilizar o microondas aforra entre un 60% e un 70% de enerxía
     

 

Iluminación

 

Fluorescentes: consumen moita enerxía ao acenderse, se os
vas apagar en menos de 15 minutos, é mellor
mantelos acendidos xa que consumen menos que
volver acendelos...



Moitas cociñas teñen fluorescentes, así que ollo con “apagar” a luz xa que poderiamos gastar máis.


 



O 9% da enerxía
consúmese na iluminación.

Aforro e eficiencia enerxética

Televisións e equipos audiovisuais

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies