Caldeiras
Que equipo necesitas?
A auga quente é o segundo consumidor de enerxía nos fogares.
Elixe a caldeira que mellor se adapte ao teu consumo e ás características da túa vivenda.
Unha caldeira eficiente de condensación ou de baixa temperatura é a mellor elección para minimizar o gasto enerxético.
“As caldeiras mixtas poden proporcionar tanto auga quente como calefacción.” |
Aproveita ao máximo o rendemento da túa caldeira usándoa para a produción de auga quente sanitaria (ACS).
É importante para ter a túa caldeira sempre a punto, realizar un mantemento periódico.
TIPS e consellos
para ser eficiente e aforrar na factura

para ser eficiente e aforrar na factura
Axusta a temperatura da auga quente entre os 30ª C e os 35º C. |
Instala perlizadores nas billas, estes inxectarán aire na saída da auga facendo que a sensación de caudal sexa a mesma, o consumo de auga reducirase ata un 60% e o da enerxía para quentala! |
Como funcionan?
Trátase dun recipiente de metal que serve para poñer a quentar a auga que utilizamos na nosa vivenda. Para ter a túa caldeira sempre a punto, é necesario realizar un mantemento periódico. O especialista debe comprobar regularmente o correcto funcionamento dos queimadores, a temperatura e a presión dos combustibles, do vapor e da auga de alimentación.
Que equipo comprar?
Para unha correcta regulación da temperatura, instala un dispositivo na sala principal do fogar que permita programar o arranque/apagamento da calefacción por horas e días da semana. Unha solución accesible e de doada colocación é a instalación de válvulas termostáticas nos radiadores. Con elas poderás regular de forma independente a temperatura de cada cuarto.
Cómpre telo en conta.
Se tes radiadores, failles purgas periódicas para eliminar o aire acumulado que dificulta a transmisión da calor do interior do radiador ao exterior.
"Procura comprar caldeiras de condensación ou de baixa temperatura." |