Ordenadores e equipos informáticos

Elixe o teu equipo informático.



Descubre os ordenadores e equipos informáticos adecuados para ti.


Chegou o momento de renovar o teu ordenador ou equipo informático, que aspectos debes ter en conta?


Ante todo, valora o uso que lles vas dar. Se vas comprar un ordenador, ten en conta a súa capacidade, a súa memoria RAM, a súa tarxeta gráfica, o seu disco duro e, por suposto, o seu consumo enerxético.



A continuación dámosche algúns consellos para que poidas ter en conta un uso e mantemento dos electrodomésticos acorde co aforro económico e de consumo enerxético.
TIPS e consellos
para ser eficiente e aforrar na factura

agua caliente
Frigorífico: para aforrar enerxía descongela os alimentos no compartimento refrixerador xa que o frigorífico aproveitará o fío destes.
Lavadora: lava con auga fría ou a baixa temperatura 35º C. O 80% da enerxía que consome unha lavadora emprégase en quentar a auga!
Secadora: Antes de usala centrifuga a roupa ao máximo na lavadora, o centrifugado consome moito menos enerxía que o secado. 
Computador: Apaga o computador se prevés unha ausencia superior a 30 minutos, se non é posible, polo menos apaga a pantalla, xa que é o compoñente que máis consome. 
Televisor: manter a TV, consolas, equipos de música, cargadores, etc. acesos en modo "espera" consome ata un 15% da enerxía que consome sendo usados, así que é importante apagalos do todo.
 

Ordenadores 

Os ordenadores clasifícanse en varios tipos.
 

 De sobremesa ou escritorio: 
É unha computadora que carece de mobilidade. Ideal para uso doméstico, en oficinas ou empresas. 

 Portátil:
É un ordenador doado de transportar debido ao seu reducido peso e tamaño, que oscila entre 1 kg e 3 kg. Incorpora rato táctil e teclado.

 Netbook: 
É un ordenador portátil de menor tamaño. Utiliza procesadores de baixo consumo. A súa pantalla é menor e ten unha maior autonomía.

 Tableta: 
É un tipo de computadora portátil de maior tamaño ca un smartphone. Leva integrada unha pantalla táctil para usar cos dedos, sen necesidade de teclado físico nin rato.

 Smartphone: 
É un teléfono intelixente con pantalla táctil deseñado para realizar e recibir chamadas e navegar por Internet.

All in one: 
É un ordenador moi parecido ao de sobremesa, pero está composto só de monitor. A pantalla leva incorporada o procesador e resto de mecanismos.

Que equipo comprar?
 

Dúbidas entre un  portátil ou un ordenador de sobremesa? Ademais da mobilidade, recorda que unha vantaxe engadida dos portátiles é que consumen moita menos enerxía.

Adquire un equipo que dispoña de sistema de aforro Energy Star, xa que ten a capacidade de pasar a un estado de hibernación ao transcorrer un determinado tempo sen actividade.
 

__

"Un ordenador ten 3 estados enerxéticos:
on, off e standby."

Canta enerxía consome?


A diferenza entre o gasto enerxético dos distintos ordenadores é bastante significativa. Depende en boa medida do tipo de ordenador, o modelo e a marca. Aínda así, os de sobremesa son sempre os menos eficientes.

Ten en conta que as pantallas son a parte do ordenador que máis consumen. Por outro lado, as pantallas planas TFT son as máis eficientes.



Aforro enerxético

 

 Activa o modo de hibernación e apaga a pantalla para tempos de ausencia pequenos.
 Apaga o ordenador se prevés unha ausencia de máis de 30 minutos.
Activa o salvapantallas negro, é o que menos enerxía consume.


 

 

Outros equipos informáticos 

Os equipos informáticos son todos os dispositivos que se conectan ao ordenador e conforman un espazo de traballo. 
 

 Impresora: 
Equipo auxiliar que serve para imprimir documentos de texto ou fotografías en papel.

 Escáner: 
Dispositivo informático que se encarga de transformar imaxes, mediante o uso da luz, a formato dixital.

 Dispositivos de almacenamento: 
Dispositivos que serven para almacenar información. Discos duros, memorias USB ou tarxetas de memoria, etc. 
Que equipo comprar?

Tira proveito das funcionalidades do resto de equipos informáticos. Por exemplo, compra impresoras que impriman a dobre cara e aparatos de fax que usen papel normal (non térmico).
 
Busca a etiquetaxe de eficiencia enerxética, que se divide en distintas letras e cores: dende o A de cor verde, para os televisores máis eficientes, ata o D de cor vermella, para os menos eficientes.
 

__

"O monitor é o dispositivo que máis enerxía consume. A impresora, o que menos."

 Canta enerxía consome?

Gran parte do consumo enerxético dos equipos informáticos veñen dos dispositivos periféricos externos e non tanto do propio ordenador.

Todos eles requiren de fonte de alimentación propia para funcionar, polo que sempre están a consumir enerxía.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies