Alta ou baixa de Luz ou Gas

Axudámosche a dar de alta o
gas natural e a luz do teu fogar.

Goza do teu fogar dende o primeiro día!

Altas de Luz ou Gas
Aquí tes toda a información para que saibas que facer en cada caso.

Se non tes instalado o gas ou a luz
na túa casa e queres darte de alta


1. Solicita un instalador autorizado que te asesore e che faga un orzamento da instalación.
Encontra tendas Naturgy na túa zona


2. Contacta co noso teléfono gratuíto e solicita a alta de conexión de luz ou gas.

 

Lu. a ven. de 8 a 22 h e sáb. de 9 a 14 h.

Mercado liberado de luz e gas  900 333 555

Ou solicita a túa alta online:
 

Tempo considerado de instalación  

Se xa tes conectado o gas ou a luz
na túa casa e necesitas darte de alta



Só tes que chamar para contratar a tarifa de gas ou luz que necesites. Deberás elixir entre unha tarifa con descontos do mercado liberado ou unha tarifa de prezos fixados polo mercado regulado. Se tes dúbidas, consulta as preguntas frecuentes, ou chámanos e informarémoste.

 

      Consulta as nosas tarifas       

 

Ven a Naturgy, todo son vantaxes!

 

Formularios de solicitude

Consulta que documentación debes presentar

Baixas de Luz ou Gas
Aquí tes toda a información para poder realizar o cesamento da subministración.
  •  A realización do cesamento supón o corte da subministración e a retirada do contador ou a desconexión eléctrica e do gas. 

Preguntas frecuentes sobre dar de baixa o gas ou a luz

  • Cales son os puntos importantes para ter en conta ao realizar un cesamento de subministración?

    O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. No caso contrario, deberás achegar a fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante, un documento que che vincule, como solicitante, ao punto de subministración e o formulario de cesamento con declaración responsable.

    Verifica se a túa subministración é de baixa, alta ou media tensión  O trámite é diferente en cada un dos casos.

     

  • Como se clasifican as subministracións segundo a tensión?

    Unha subministración clasifícase segundo se a tensión é baixa, alta ou media.

    Existe baixa tensión cando a tensión da liña á que se conecta é inferior a 1 kV.

    É alta ou media tensión cando a tensión da liña é superior a 1 kV.


    Se te conectas a unha liña de alta/media tensión, o centro de transformación é da túa propiedade. Se te conectas a unha liña de baixa tensión, o centro de transformación é propiedade da distribuidora.

    O primeiro que debes facer é consultar na factura ou no contrato o tipo de subministración que tes en función da tarifa de acceso contratada.