Tarifas
 Flexibles


 

 Aforra cunha tarifa axustada en horarios
 e cun  5% dto.

  Elixe o horario que máis se axusta ao teu consumo

A tarifa que se adapta aos teus horarios.


Se fas un maior consumo de luz nun horario nocturno, a tarifa flexible está pensada para ti. Coa tarifa flexible poderás elixir entre dous tramos horarios distintos para poder aforrar aínda máis.

E se tes un coche eléctrico que cargas de noite na casa, elixe esta tarifa de luz con discriminación horaria, para que che resulte máis económico.

Ademais tes un 5% de desconto permanente.


Contratar agora
 
  •  

    Adaptada ao teu ritmo
    Axusta o teu horario e aforra na túa factura de luz coa discriminación horaria.

     


    Liberdade para cambiar
    Cambia de tarifa cando o precises, sen ningún custo e sen permanencia.

     

  •  

    O mellor prezo
    Unha tarifa por horas, co mellor prezo de 23h-13h no verán e de 22h-12h no inverno.

     


    Desconto permanente
    Terás sempre un desconto con esta tarifa, e agora un 5% dto. permanente.
     


La enerxía de todos

Ademais da nosa ampla gama de produtos de gas, luz, servizos de mantemento e reparacións, contamos cunha ampla rede de canles de atención e un gran programa de vantaxes exclusivo para os nosos clientes.


Ven a Naturgy, contrata agora 
 
Por que nós?

Somos a compañía con máis anos de experiencia na xestión de servizos de luz e gas, ademais de ofrecerche unha atención áxil e eficiente.                                                                               
 
Vantaxes para os nosos clientes

Estamos preto de ti. Por iso, contamos cun programa de vantaxes exclusivo que inclúe descontos para o teu fogar e para o teu tempo libre e o da túa familia.

Contrata a Tarifa Flexible de luz con discriminación horaria


Elixe a modalidade segundo o tramo horario de maior consumo que teñas e comeza a aforrar na túa factura de luz contratando a tarifa flexible.

Con esta tarifa, ademais, terás un prezo fixo de luz, de maneira que non terás que te preocupar de se o prezo de mercado varía.

 Axudámoste a cambiar de compañía ou de tarifa de discriminación horaria: dende o chat online resolveremos todas as túas dúbidas ao instante e axudarémoste mentres contratas.
 Se os teus hábitos de consumo cambian, poderás cambiar de modalidade ou tarifa en calquera momento, sen ningún custo e de forma áxil. 
 Se xa tes unha tarifa con discriminación horaria só terás que elixir a modalidade e, se aínda non a tes, deberás solicitala primeiro para poder contratala. 
 Poderás realizar ti mesmo a contratación online, só necesitas ter á man unha factura de luz e o número da conta bancaria para domiciliar o pagamento.

 
Contrata online a tarifa con discriminación horaria, ao teu xeito, en só 3 minutos, sen visitas nin chamadas.
Simplemente elixe o tramo horario que máis che interesa, completa o formulario online e xa está!

Lembra que non terás ningún custo por cambiar de tarifa ou contratar a discriminación horaria. E se cambias de opinión, dispoñerás de 15 días para anular a contratación realizada.
Ao cabo de 30 días aproximadamente, recibirás a nosa carta de benvida coa túa nova tarifa.

Comeza a aforrar e contrata a tarifa de discriminación horaria!

 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies