É un sistema de calefacción que xera calor a través dunhas placas por infravermellos colocadas no teito ou nas paredes da estancia que se quere quentar. Tamén poden instalarse nos ocos da parede. Estes equipos conéctanse á rede eléctrica, e unha vez acendidos e regulada a temperatura co termóstato, a placa comeza a emitir raios infravermellos que quentan os obxectos e os corpos. Estes corpos e obxectos, á súa vez, quentan o ambiente.
Radiadores por infravermellos
Contámosche o seu funcionamento e as súas vantaxes
Preguntas frecuentes
Preguntas frecuentes
Estes equipos levan pouco tempo no mercado, polo que é recomendable que busques o asesoramento dun profesional deste tipo de calefacción para que che axude na compra.
Os radiadores por infravermellos só serven para calefacción. Se desexas climatizar a túa vivenda, terás que instalar un equipo independente para a produción de frío ou un equipo que che ofreza ambas as dúas cousas, tanto calefacción coma refrixeración.
Para ter en conta
Vantaxes:
- Son equipos de doado uso e instalación.
- Favorecen a circulación sanguínea.
- Non resecan as vías respiratorias.
- Eliminan ácaros e bacterias.
Desvantaxes:
Son sistemas eléctricos, polo que son pouco eficientes.
Son equipos cuxo uso é moi sinxelo: só tes que regular o termóstato á temperatura á que desexas quentar a túa estancia ou cuarto.
Sabías que...?
Sabías que...?
Os radiadores por infravermellos son equipos de doado uso e instalación e que favorecen a circulación sanguínea.
Non resecan as vías respiratorias e eliminan ácaros e bacterias.